Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Adopción de animais

Praias do termo municipal da Coruña e arredores

LOCALIZACIÓN DAS PRAIAS DA CORUÑA

CADEIRAS ANFIBIO 2014

SERVIZO MUNICIPAL

Cadeira de rodas flotante que posibilita tanto o movemento pola praia como a entrada na auga a persoas de mobilidade reducida, o que lles permite gozar do baño.

As praias que dispoñen destas cadeiras son as seguintes:

As persoas con mobilidade reducida que desexen gozar deste servizo deben solicitalo nos postos de socorrismo e será necesario que estean acompañados doutra persoa que lles axude no manexo da cadeira.

SERVIZO FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE

A Fundación María José Jove a través do Programa Axuda na Praia facilita, ás persoas con discapacidade, o acceso á praia mediante a instalación de ramplas, antucas e cadeiras anfibio para gozar do baño.

As persoas con discapadidad estarán atendidas en todo momento por persoal da Fundación.

Lugar: Praia de Oza

Destinatarios: persoas maiores de 8 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%

Acceso: gratuíto.

Solicitude: a partir do 3 de xuño de 2014 a través da web www.fundacionmariajosejove.org (por rigorosa orde de entrada).

Documentación:

  • Copia do DNI
  • Certificado de discapacidade e Ditame Técnico Facultativo
  • Fotografa tamaño carné.

Quendas e horarios:

  • Quendas:
    Primeiro:
    30 de xuño ao 31 de xullo de 2014 (ambos inclusive)
    Segundo: 4 ao 28 de agosto de 2014 (ambos inclusive)
  • Horarios
    Grupo 1: luns e mércores de 12:00 h. a 15:00 h.
    Grupo 2: luns e mércores de 15:00 h. a 18:00 h.
    Grupo 3: martes e xoves de 12:00 h. a 15:00 h.
    Grupo 4: martes e xoves de 15:00 h. a 18:00 h.

    SERVIZOS DE TUMBONAS

    Lugar: Praia de Riazor (fronte ao Hotel Riazor).

    Tarifas:

    • Mañá (11:00 h. a 15:30 h.) ou tarde (15:30 h. 20:00 h.): 4 € por tumbona (se se desexa antuca abonarase 1 € máis).
    • Todo o día: 6 € por tumbona (se se desexa antuca abonarase 1 € máis).

    Horario: luns a domingo de 11:00 h. a 20:00 h.

    VIXILANCIA NOS AREAIS SAN JUAN 2014

    Areais de Riazor e Orzán

    • Desde as 10:00 h. do día 23 ata as 09:00 h. do día 24.

    VIXILANCIA NOS AREAIS TEMPADA VERÁN 2014

    Areais de Orzán, Riazor, Matadoiro, San Amaro, As Lapas, Oza e Santa Cristina:

    • Do 15 xuño ao 16 de setembro: luns a domingo de 11:00 h. a 21:00 h.
    • Do 17 ao 30 de setembro: luns a domingo de 12:00 h. a 20:00 h.

      Calas de Adormideras (Os Mouros e A Cuncha):

      • Do 15 de xuño ao 16 de setembro: viraranse visitas de vixilancia diariamente.

        BANDEIRAS DE SINALIZACIÓN DO ESPAZO ACUÁTICO NATURAL

        Existen tres bandeiras que nos advirten da estado da auga e das condicións meteorolóxicas:

        • Bandeira verde
          Praia ou zona aberta ao baño, a auga e as condicións meteorolóxicas son seguras para nadar.
        • Bandeira amarela
          Praia ou zona que entraña algún perigo para o baño, os bañistas deben tomar precaucións porque a auga ou as condicións meteorolóxicas están a cambiar.
        • Bandeira vermella
          Praia ou zona prohibida para o baño porque a auga ou as condicións meteorolóxicas son perigosas e pode poñer en perigo a vida dos bañistas.

        BANDEIRA AZUL 2015

        Desde o ano 1982 a Fundación Europea de Educación Ambiental concede anualmente a bandeira azul ás praias que reúnan determinados criterios de legalidade, accesibilidade, sanidade, limpeza e seguridade, e ao mesmo tempo que conte cunha información e xestión ambiental adecuadas.

        No ano 2015 a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor - Adeac concedeu a bandeira azul ás seguintes praias da cidade:

        BANDEIRA ECOPLAYAS 2014

        A Bandeira Ecoplayas é un distintivo que concede anualmente a Asociación Técnica para a Xestión de Residuos, Aseo Urbano e Medio Ambiente - Ategrus que premia a calidade das augas e areais, a limpeza , o deseño paisaxístico, a funcionalidade e calidade dos equipamentos e servizos, a accesibilidade, a separación física e visual do tráfico, o servizo de socorrismo e salvamento, etc.

        No ano 2014 Ategrus concedeu a Bandeira Ecoplayas ás suguientes:

        INSTALACIÓNS DE TEMPADA EN PRAIAS 2015

        Autorización para a instalación dos servizos de tempada de praia para os meses de xuño, xullo, agosto e setembro de 2015 (instalacións expendedoras de bebidas, hidropedales, patíns acuáticos, hamacas, terrazas, etc.).

        Documentación:

        • Impreso de solicitude (pódese recoller nas oficinas do Rexistro Xeral Municipal).
        • Copia do DNI.
        • Proposta da zona para ocupar, distinguindo a superficie ocupada, tanto de superficie pechada como a de mesas e cadeiras no exterior (no caso de que se instalen) e a situación respecto ao deslinde do Dominio Público Marítimo-Terrestre. No caso de terrazas, mesas e cadeiras, biombos e toldos situados no exterior, deberase solicitar a superficie ocupada polo perímetro da totalidade das cadeiras e mesas, toldos e biombos dispostas en plenas condicións de uso.
        • Plano de localización a escala 1/1000, no que se represente a liña de deslinde do Dominio Público Marítimo-Terrestre.
        • Esbozo da instalación e servizos de abastecemento, electricidade e saneamento.
        • Acreditación, no seu caso, de satisfacer o canon da pasada tempada.

        Non se autorizarán instalacións de tempada sobre o areal das praias salvo que se acredite a imposibilidade da súa localización noutras zonas.

        Prazo: 10 de xaneiro ao 13 de febreiro de 2015 (ambos inclusive).

        As solicitudes para a celebración de eventos cunha duración non superior a 3 días, deben presentarse cunha antelación mínima de 15 días.

        Lugar de tramitación: Rexistro Xeral Municipal

        Normativa:

        Condicións de tramitación das autorizacións para os servizos de tempada de praia (instalacións expendedoras de bebidas, hidropedales, hamacas, terrazas, etc.) na zona de dominio público marítimo-terrestre (DPMT), publicada no BOP nº 5 do 9 de xaneiro de 2015.

        PRAIAS DOS ARREDORES DA CORUÑA

        PRAIAS NUDISTAS DE GALICIA

        Rías Altas (A Coruña e Lugo):

        • Praias de Arteixo (A Coruña): Combouzas, situada á beira de Barrañán.
        • Praias de Oleiros (A Coruña): Bastiagueiriño ou Pequeno Bastiagueiro, Cala Atalaia (fronte ao Castelo de Santa Cruz), Camposa ou Breixo e Canabal ou Mera.
        • Praias de Sada (A Coruña): Armenteiro.
        • Praias de Miño (A Coruña): Marín.
        • Praias de Ferrol (A Coruña): Lumebo e Ponzos.
        • Praias de Foz (Lugo): Area Brava.

        Rías Baixas (A Coruña e Pontevedra):

        • Praias de Porto do Son (A Coruña): Recaveira ou Espiñeirido, Seráns ou Os Regos, Areas Longas ou Cativa, Xuño e Area Longa ou Castro de Baroña.
        • Praias de Vigo (Pontevedra): San Martiño (Illa Sur Cíes), Figueiras (Illa Norte Cíes) e A Noiva.
        • Praias de Cangas (Pontevedra): Barra.
        • Praias de Bueu (Pontevedra): Onza Sur (Illa Onza), Onza Norte (Illa de Onza), Liñeiro (Illa de Ons), Fontiñas (Illa de Ons), Melide (Illa de Ons) e Pedrón.
          • Logo pie Ayuntamiento de A Coruña
            • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
            • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
            • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
          Tes un navegador demasiado antigo!

          Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

          ?