Concertos e recitais
Para público en xeral
12/05/2016
Xa rematou
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
Achégate a gozar de música en directo na biblioteca e aproveita para botarlle unha ollada á sección de música.
Continuamos co ciclo de música entre libros "Os xoves na Sagrada", e cerramos esta temporada de primavera coa cantautora Sofía Espiñeira, unha mugardense que tras realizar estudos de xornalismo decidiu dedicarse de cheo ás artes escénicas, formándose en danza contemporánea, circo e teatro a través de distintas escolas. Desde o 2010 vén traballando con diversas compañías e proxectos, nos que se inclúe en moitas ocasións a música en directo. En abril do pasado ano resultou gañadora do II Certame de canción de autor en galego do concello de Teo, o que lle permitiu gravar o seu primeiro disco, "Alá onde agroman as herbas", e comezar a súa carreira como cantautora.
Queres saber ...
En que consiste Os xoves na Sagrada?
Os xoves na Sagrada son concertos entre libros, música e literatura unidos... Achégate a esta cita e descubre outra forma de gozar da biblioteca con estilos musicais de artistas de practicamente os 5 continentes: Aline Frazao, África Féte, Underskore Orkestra; de todos os barrios da nosa cidade: Os tres trebóns, Wolrus, May Thai & Torino Rockets; e doutros puntos de Galicia e España: Primordiais, Xoán Curiel ou El Kanka.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible