Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Concerto: The Chinese Birdwatchers

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais, Bebeteca

Por tipo de público:

Para público en xeral, Bebés, Familias

Cando:

23/04/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 17.30 a 18.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15010 A Coruña

Contacto:

bagora@coruna.es

981189886

Trae un libro novo e The Chinese Birdwatchers daranche a cambio un dos seus discos.

A banda, que fai unha música que mestura poesía, folk, surf, bossa nova e rock,  presenta o vindeiro sábado 23 de Abril no Garufa Club o seu último disco, ROADS. A súa teloneira será a cantante e compositora coruñesa Carmen Picado, gañadora do concurso “Outra + outra” da Fundación Paideia e a Deputación da Coruña e 3º premio do concurso “Cultivando Música” da man do Festival da Luz.

Antes de aterrar no Garufa, pasarán pola biblioteca para poñer a banda sonora ao Bebencontro especial que temos preparado para ese día.

Sen dúbida, un xeito especial de celebrar o Día Internacional do Libro.

Trae un libro e ven! Sairás con un disco dos The Chinese birdwatchers!

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión