Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Préstamo con música: Guadi Galego

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Persoas adultas, Xuvenil

Cando:

Dende o 09/05/2016 ata o 14/05/2016

Xa rematou

Contacto:

O préstamo de libros en galego vén con música. Leva libros en galego en préstamo, e consigue dúas entradas para o concerto de Guadí Galego!

Con motivo do Día das Letras Galegas, e co fin de promover a lectura en lingua galega, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organiza o AgoraSón 2016, que este ano vén conformado por un concerto de Guadi Galego, que interpretará en directo as pezas do seu disco “Lúas de outubro e agosto” o próximo sábado, 14 de maio, ás 21 horas.

Os convites repartiranse (ata agotárense) ao levar prestados libros en galego en calquera das bibliotecas (agás na Biblioteca Infantil, por se tratar dunha actividade dirixida a público adulto). Comezaranse a repartir o luns 9 de maio, no horario de apertura da túa biblioteca.

Se es máis das redes sociais, faite un selfie e gaña 2 entradas!

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión