Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

23 de outubro de 2015

O Concello da Coruña fomentará o emprego de calidade e a igualdade de acceso a un posto laboral a través dos contratos públicos

A Xunta de Goberno local aprobou "unha instrución sobre contratación pública para asegurar que se dirixa ao interese social", un dos principais obxectivos do actual Executivo

A Xunta de Goberno local do Concello da Coruña aprobou este venres unha instrución para incluír cláusulas nos procesos de contratación pública que garantan que estes se dirixen ao interese social. “Trátase dun novo cumprimento do programa electoral deste Executivo. Este compromiso atopábase entre as primeiras 25 medidas ofertadas á cidadanía”, explicou o alcalde, Xulio Ferreiro, que indicou que o Executivo municipal leva xa semanas traballando neste asunto. “Todos os pregos de contratos que saian deste concello deberán incluír, dependendo sempre do obxecto, cláusulas relacionadas con esta instrución”, subliñou o alcalde, que explicou que se buscará o fomento “do emprego de calidade, o cumprimento de marxes salariais segundo os convenios colectivos e a igualdade de acceso a un posto de traballo entre homes e mulleres así como cos colectivos máis desfavorecidos”. Promoveranse cláusulas nos contratos que teñan que ver co comercio xusto e “ademais, o 5% das contratacións que se realicen dende esta administración local estarán reservadas a entidades de carácter social”, engadiu Ferreiro.

A Xunta de Goberno local tamén ratificou a intención do Executivo municipal de levar a cabo procesos de seguimento e control do cumprimento dos contratos. “Á hora de levar a cabo unha adxudicación, estes compromisos de carácter social serán determinantes á hora de discernir nun empate entre solicitantes”, dixo o alcalde. “O incumprimento destas condicións conlevará sancións de carácter grave”, engadiu.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?