Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

23 de outubro de 2015

A Coruña e Barcelona convértense nos primeiros concellos en adherirse á Rede Internacional pola Despatoloxización Trans

A Concellería de Igualdade e Diversidade, que impulsa esta acción, prepara para o mes de novembro actividades de divulgación e visualización

O Concello da Coruña, a través de Concellería de Igualdade e Diversidade, vén de adherirse ao Manifesto da Rede Internacional pola Despatoloxización Trans, unha iniciativa impulsada no ano 2012 para retirar a transexualidade da Clasificación Internacional de Enfermidades da OMS e outros manuais de diagnose, coincidindo co Día Internacional de Acción pola Despatoloxización Trans, que se celebra mañá sábado. Deste xeito, a da Coruña convértese, con Barcelona (a través da Regidoria de Cicle de Vida, Feminismes i LGTB), nunha das primeiras administracións do Estado español en sumarse a esta iniciativa, que conta co apoio dun cento de asociacións, colectivos e entidades a nivel estatal e respaldo en todos os continentes.

Os obxectivos da Rede, que impulsa a plataforma activista internacional STP, pasan pola retirada da categoría “trastornos da identidade de xénero” ou “disforia de xénero” dos manuais internacionais, así como a abolición dos tratamentos de “normalización binaria” a persoas intersex, o acceso libre a tratamentos hormonais e cirurxías e a cobertura pública da atención sanitaria específica. “Igual que cando defendemos o libre aborto  das mulleres sen a mediación xudicial porque entendemos que se trata dos nosos corpos, cremos que tampouco ten que ser un psiquiatra quen decida sobre a identidade de xénero das persoas. Cada quen ten que ser libre na súa identidade e non se pode asociar cun trastorno psiquiátrico”, exemplifica a concelleira de Igualdade e Diversidade, Rocío Fraga, quen salienta que esta iniciativa busca tamén “dignificar a diversidade”.

Neste sentido, a responsable municipal lembra que os concellos teñen capacidade para traballar na visualización e a sensibilización da cidadanía con estas realidades e, neste sentido, avanza que a Concellería, dentro das actividades que prepara para o mes de novembro, ten previsto desenvolver accións divulgativas arredor deste tema.

O Manifesto da Rede Internacional pola Despatoloxización Trans, así como o resto de información da plataforma, pode consultarse na web: http://www.stp2012.info/old/es.



  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?