Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Cando:

18 de febreiro de 2016

No período do Executivo municipal anterior, entre os anos 2011 e 2014, o concello coruñés foi o único dos sete grandes municipios de Galicia cuxa débeda medrou

O Goberno local segue a cumprir cos seus compromisos de transparencia e fai pública a auditoría da débeda do Concello

Tanto a operación de refinanciamento de débeda que aprobou o grupo de Goberno, como o seu proxecto de Orzamentos para 2016, contemplan unha significativa redución da carga da débeda, o que posibilita unha maior dispoñibilidade presupostaria para destinar a gasto social

O Goberno local, dentro do seu compromiso coa transparencia, vén de facer pública a relación de préstamos contraídos polo Concello coruñés entre os anos 2006 e 2014. Nas distintas táboas que se amosan a continuación, aparece reflexado, en cada caso, o destino orzamentario de cada recurso, á fin de que a cidadanía poida ter un coñecemento exacto de a que se destinaron ditos fondos. Cómpre salientar que, nos últimos exercicios, o anterior Executivo empregou unha parte significativa da súa débeda para o financiamento de actuacións na Mariña-Parrote.

Do mesmo xeito, o actual Executivo tamén fai pública (pode verse nas táboas anexas) a operación de refinanciamento de débeda que foi acordada a finais do pasado ano pola actual Xunta de Goberno local e que supuxo unha significativa redución do custo financieiro anual que supuñan para o Concello os citados préstamos.

O Goberno municipal tamén publicita, a efectos comparativos, os datos da débeda viva dos sete grandes concellos de Galicia. O municipio coruñés foi o único cuxa débeda viva (a suma de todas as débedas nunha data correspondente) medrou no período considerado entre 2011 e 2014. Este aumento do endebedamento municipal vén motivado pola costume do anterior Executivo de financiar unha porcentaxe elevada dos seus investimentos mediante operacións de préstamo a longo prazo.

O Goberno municipal liderado por Xulio Ferreiro recorda que tanto a operación de refinanciamento de débeda que aplicou a finais do pasado ano, como o seu proxecto de Orzamentos Municipais para este 2016, contemplan unha redución significativa da carga da débeda, tantos dos gastos financieiros como das amortizacións anuais, o que posibilita unha maior dispoñibilidade presupostaria para gasto social.

 

Documentos:

Táboas Préstamo 2006 - 2014 (263 KB)

Táboas (2) (95 KB)

Documentos relacionados

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?