Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Concello da Coruña

Cando:

30 de agosto de 2016

O Concello promove a prolongación da liña de bus do aeroporto, para que conecte co Abente e Lago, “un bo exemplo de como se debe abordar a penetración do transporte metropolitano, de forma ordenada e pensada”

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, salienta, con respecto ao plan de transporte da Xunta de Galicia, que “o Goberno municipal está e estará sempre aberto ao diálogo”. “No traballo polo ben da cidadanía sempre nos atopará, non en anuncios electoralistas”, engadiu

A Concellería de Mobilidade Sostible vén de autorizar á empresa concesionaria que realiza a liña regular de transporte interurbano entre A Coruña e Santa Comba, que é a que se encarga da conexión entre a cidade e o aeroporto de Alvedro, para utilizar unha decena de paradas do bus urbano da Coruña, a última, a situada á altura do hospital Abente e Lago. Deste xeito, o bus do aeroporto poderá estender o seu traxecto, con paradas no Abente e Lago, Porta Real, a avenida da Mariña, á altura do Obelisco, na praza de Ourense, avenida da Vedra --con cinco paradas, na estación de autobuses e de Carrefour, na gasoliñeira de San Vicente de Elviña, no cruce da Zapateira e no cruce da envasadora de Coca-Cola-- e en Palavea. A liña modifica así o seu percorrido, que até a data tiña a súa primeira e última parada na cidade na rúa Entrexardíns (tivo que reducirse debido ás obras que se levaron a cabo na Mariña-Parrote), e que agora se traslada a rotonda das Ánimas para mellorar a conectividade e facilitar o uso deste transporte á veciñanza da Cidade Vella, Atochas e Monte Alto.

O concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, indica que "unha vez que foi posible, rematadas as obras e a reordenación do tráfico na Mariña-Parrote, ampliamos as paradas desta liña, que levamos até o hospital Abente e Lago co obxectivo de ofrecer á cidadanía un servizo público realmente últil". "É o mellor exemplo de que este Concello non está en contra da entrada do transporte público metropolitano na cidade. O que poñemos de relevo é que é necesario que a introdución se leve a cabo de forma ordenada e controlada, algo que non está presente no plan de transporte metropolitano da Xunta, que non foi consensuado de xeito algún coa administración local", reflexiona o edil.

"O plan da Xunta de transporte metropolitano adoece de falta de visión estratéxica a corto e medio prazo, como se pode ver no feito de que non teña para nada en conta, á hora de abordar a penetración de liñas metropolitanas na cidade, que a estación intermodal será unha realidade en 2019, polo menos segundo os propios prazos que manexan e venden dende o Executivo autonómico", explica Díaz Grandío, quen indica que para remediar estes erros sería preciso que o plan tivese sido deseñado e consensuado cos concellos implicados. "O Concello da Coruña mantivo e mantén a porta do diálogo sempre aberta para madurar un proxecto que é vital para os desprazamentos da cidade estendida, que é como entendemos á área metropolitana. Nós vemos neste plan de transporte metropolitano unha oportunidade que non podemos desaproveitar, mentres que parece que outros só ven unha ferramenta electoral", comentou. "É fundamental definir correctamente os itinerarios e paradas das diversas liñas de bus que penetren na cidade e, igual que acabamos de facer agora nós coa liña de Alvedro, seleccionar aquelas que realmente son importantes tanto en conexión como en número de viaxeiros e viaxeiras como no servizo que prestan", explicou.

Por último, Díaz Grandío fai notar que o proxecto elaborado pola Administración autonómica "se contradí a si mesmo". "Ten erros que hai que solventar, entre todos e todas, como o feito de que, en teoría e ao tratarse dun plan metropolitano, se centra nos desprazamentos a un radio de 35 quilómetros sobre a cidade, aínda que logo racha con esa visión promovendo a penetración de liñas que autobús que proveñen de Monforte, Vigo ou Lalín, por poñer varios exemplos", sinala. "É necesario traballar polo ben da cidadanía, por ofrecer un servizo ordenado e pensando, que solvente problemas de tráfico e non os acrecente. E aí é onde a Xunta e a Consellería de Infraestruturas nos atopará sempre. Non en anuncios electoralistas", salienta.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?