Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Sostible

Illas de San Pedro

As illas de San Pedro, situadas fronte ao porto do Portiño son un pequeno arquipélago granítico composto por 4 illas e un conxunto de illotes orientados de forma lineal de NE a SW. A súa superficie total é de 7 hectáreas, e a súa altura máxima, na illa do Pé, de 12,40 metros. Están separadas do continente por unha canle de entre 200 e 350 metros de anchura e preto dun quilómetro.

Estas illas forman parte dun conxunto paisaxístico integrado ademais polos montes de San Pedro, Cortigueiro e Bens e a costa adxacente, área da cidade da Coruña destinada a gran parque para o recreo de cidadáns e visitantes e o fomento da biodiversidade.

O 2 de xuño de 2009, as illas de San Pedro foron declaradas provisionalmente como espazo natural de interese local (DOG nº 112 de 10 de xuño de 2009), e están pendentes da súa declaración definitiva despois da presentación do Plan de Conservación correspondente.

A Lei 9/2001 do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia, bríndalles aos concellos a posibilidade de declarar e xestionar espazos naturais protexidos baixo a figura denominada "Espazo Natural de Interese Local".

Os concellos débenlle presentar á Xunta de Galicia un Plan de Conservación para cada espazo que recolla a súa delimitación e as actuacións de xestión previstas. A obtención desta figura de protección non implica a restrición de usos dentro do territorio protexido.

Geomorfoloxía:

As illas de San Pedro, dende o punto de vista xeolóxico, pertencen á franxa de rocha granítica, de aproximadamente 8 km de ancho que percorre a provincia en dirección SW-NE, dende Santiago a Ferrol. Son rocas graníticas, hercínicas e prehercínicas.

Ao contrario que outras illas, as de San Pedro presentan un relevo bastante plano. Forman parte dunha antiga rasa costeira, debido aos fenómenos de ascenso e descenso do nivel do mar nos diferentes períodos climáticos da historia da terra.

Dende o punto de vista tectónico, toda esta zona está percorrida por fallas en dirección SW-NE. Estas fracturas son facilmente observables en toda a costa, do mesmo xeito que as diaclasas que se manifestan de forma máis visible nas "furnas" (ocos profundos nos cantís) que se sitúan enfronte das illas.

Estas fallas e fracturas tamén son observables nas propias illas en forma das canles que as separan e entrantes e saíntes con esa mesma orientación na súa superficie.

Flora

A comunidade vexetal é semellante en todas as illas, aínda que se mostra unha distribución e dominancia diferente entre a illa da Cetaria e as demais.

Na illa da Cetaria, a especie dominante, tanto en individuos como en cobertura é a Matricaria maritima subsp maritima. Esta especie cobre practicamente toda a superficie elevada da rocha, con apenas presencia doutras variedades entre a que destacan Plantago coronopus, Beta maritima e Rumex acetosa.

Acompañando a estas especies, tamén podemos atopar: Spergularia media, Rumex crispus, Cochlearia danica, Silene dioica, etc. A maioría son ruderais e frecuentes ou ben comúns e ben testemuñadas na zona litoral. Dúas delas teñen especial interese pola súa limitada distribución. Son a Armeria pubigera, un endemismo do noroeste ibérico e a Rumex acetosa, un endemismo da franxa norte do litoral peninsular.

Anfibios e réptiles

Só se constatou a presenza de Lagartixa de Bocage Podarcis bocagei.

Aves

A zona superior das illas acolle unha interesante comunidade de aves.

Destaca, durante a época de cría (abril-xullo) unha colonia de gaivotas patiamarelas (Larus cachinnans) estimada en arredor de 30 parellas.

Entre as aves terrestres nidificantes cóntanse a lavandeira marela (Motacilla flava) ou o rabirrubio (Phoenichuros ochruro).

As illas ofrecen un hábitat moi adecuado para o paíño pequeno (Hydrobates pelagicus), pero a presenza de ratas non fai viable por agora a súa reprodución.

No inverno e nos pasos migratorios de primavera e outono increméntase a diversidade de aves nas illas e na súa contorna.

É de grande interese o durmidoiro invernal do corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) e corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis) das tres illas e a illa do Pé.

Tamén aparecen outras especies como a gabita (Haematopus ostralegus), o virapedras (Arenaria interpres) ou o bilurico das rochas (Actitis hypoleucos).

A contorna das illas é escenario no outono e inverno dunha notable trasfega de aves mariñas, integrado por varias especies diferentes.

Mamíferos

As ratas son, por agora, os habitantes máis abundantes das illas de San Pedro que evitan a nidificación dalgunhas especies de aves. No pasado había unha poboación indeterminada de coellos, hoxe desaparecida.

Na súa contorna son habituais os arroaces (Tursiops truncatus).

Medidas de observación previstas

  • Permitir as actividades tradicionais que se desenvolven dentro do espazo. Para outro tipo de actuacións deberá consultarse ao Concello da Coruña, o cal decidirá acerca da súa conveniencia ou inconveniencia.
  • Desratización do arquipélago, co fin de favorecer a presenza de diversas especies de aves.
  • Actuacións de mellora do hábitat, por exemplo, retirada de residuos proporcionados polas gaivotas (tanto orgánicos –ósos- como inorgánicos) ou incremento da diversidade vexetal das illas.
  • Desenvolvemento doutros proxectos de investigación que redunden no coñecemento dos valores naturais do espazo.
  • Sinalización do espazo, con recomendacións de uso para os posibles visitantes que accedan dende o mar.
  • Sinalización do espazo no continente (porto do Portiño), con información (paneis interpretativos) acerca dos seus valores.
  • Instalación dun observatorio de aves nas abas do monte de San Pedro que facilite a contemplación do paso de aves mariñas e da colonia e durmidoiro de corvos mariños das illas de San Pedro.
  • Instalación de iluminación ecolóxica no paseo marítimo e ao pé do monte de San Pedro, deseñado de forma que non supoña un impacto para o durmidoiro de corvos mariños.

Avisos e eventos

  • Composta Coruña

    Cartel Composta Coruña

    Cando:

    Dende o 02/03/2017 ata o 01/03/2020

    Campaña de compostaxe doméstica

Axenda

Puntos limpos

Más información

Subscrición ao boletín co2ruña

Os campos marcados cun asterisco son obrigatorios

A subscrición a este boletín realizarase no idioma de navegación actual da páxina web: Galego

Política de privacidade

De acordo coa lexislación en materia de protección de datos e, en concreto, co Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril, os datos persoais que vostede nos facilite voluntariamente no formulario de "Subscrición ao Boletín de actividades", serán tratados baixo a responsabilidade do CONCELLO DA CORUÑA Praza María Pita nº 1 (15001 - A Coruña), coa finalidade de ofrecer á cidadanía información a través do Portal Web do Concello, estando lexitimado polo consentimento que vostede expresamente outorga mediante a aceptación da cláusula de protección de datos, podendo vostede retirar devandito consentimento en calquera momento, sen efectos retroactivos.

Os seus datos de contacto trataranse durante o tempo que manteña a subscrición ou exerza o seu dereito de cancelación ou oposición.

Igualmente informámoslle que ten dereito a solicitar á persoa responsable do tratamento, en calquera momento, o acceso, rectificación ou supresión dos seus datos persoais e a limitación do seu tratamento. p>< p>Tamén terá dereito a opoñerse ao devandito tratamento, así como a solicitar, salvo casos de interese público e/ou exercicio de poderes públicos, a portabilidad dos seus datos. Devanditos dereitos poderá exercelos mediante solicitude remitida á seguinte dirección: Rexistro de entrada municipal Praza Mª Pita nº 1, con referénciaa "protección de datos", a través dun escrito asinado para o efecto, achegando unha fotocopia do seu Documento Nacional de Identidade.

Igualmente poderá dirixir dita solicitude directamente á persoa Delegada de Protección de Datos, cuxa identidade.

Así mesmo, vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos ( AEPD).

Marca o seguinte cadro para aceptar a política de privacidade *

  • Logotipo do Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?