Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de setembro de 2015

José Manuel Sande destaca a conexión da Coruña mariñeira e da vangarda artística da segunda edición do Festival Mar de Mares

O Concello se suma ao encontro con exposicións e actividades na rúa nas que se apoiará a creación local



O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, participou esta mañá na presentación do Festival Mar de Mares, o encontro artístico, educativo e lúdico que xira arredor do mundo mariño e que celebrará a súa segunda edición do 24 ao 29 de novembro. O responsable municipal salientou o “vínculo histórico, económico e social” do mar coa Coruña de vangarda, “ambos fonte de traballo e riqueza económica” na cidade. A segunda edición do evento multidisciplinar, segundo destacou Sande, afondará na idea “dunha Coruña máis aberta, participativa e que apoia ás e aos creadores galegos contemporáneos” a través de actividades e exposicións nas que colaborará o Concello, como é o caso de Somos mar, “unha residencia artística improvisada” na que participarán oito artistas de Galicia “e na que o público poderá participar no seu proceso creativo”. Despois dunha semana de traballo conxunto na Sala de Exposicións do Palexco, Somos mar culminará nunha mostra colectiva que permanecerá aberta até o día 29 de novembro e programará, de xeito paralelo, “concertos, recitais de poesía ou diálogos con traballadoras e traballadores do mar”.



Entre as actividades máis destacadas que apoia a Concellería de Culturas atópase a exposición Oceános, unha retrospectiva de David Doubilet, “un dos fotógrafos máis emblemáticos e talentosos do mundo”, sinalou Sande. O Kiosco Alfonso acollerá esta mostra ademais dun obradoiro que Doubilet impartirá os días 13 e 14 de novembro para artistas e profesionais da fotografía. O Concello tamén se suma ao Festival co programa europeo Sea for society, do que é socio a través do Aquarium Finisterrae. O proxecto levará ás rúas da cidade actividades como Arte azul no barrio de Peixaría ou nas instalacións urbanas Cidade azul: arte na rúa, na que participarán os colectivos Basurama e Hábitat Social.  

O Festival Mar de Mares tamén contará con cafés científicos, limpeza de praias e un mercado do mar. Unha das novidades desta segunda edición será que a relación do mar coa Coruña tamén estará presente na Fundación Luis Seoane a través da exposición Luis Seoane e o mar, unha mostra de óleos, debuxos e proxectos editoriais do intelectual galego que contan co mar como protagonista.

Buscas algo concreto?

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

Opcións

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión