Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Cultura Coruña

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Mostrar en el mapa
  • Imprimir

POETAS DI(N) VERSOS : Ricardo Domeneck e Rosalía Fernández Rial

A sesión máis moderna e interdisciplinar do ano mestura o acento de Bergantiños e o brasileiro con vídeo e son.

Cando:

14/03/2016 ás 23:00

Este evento xa rematou

Horario:

20:30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada de balde até completar a capacidade

 

Contacto:

981189888

Documentos:

Dossier Poetas di(n) versos (1 MB)

Ricardo Domeneck naceu en Bebedouro (São Paulo) en 1977, e dende 2002 vive e traballa en Berlín. Publicou os libros Carta aos anfíbios (2005), a cadela sem Logos (2007), Sons: Arranjo: Garganta (2009), Cigarros na cama (2011), Ciclo do amante substituível (2012) e Medir com as próprias mãos a febre (2015). Sendo co-editor das revistas literarias Modo de Usar & Co. Cabaret Wittgenstein, colaborou noutras tantas brasileiras como Cacto (São Paulo), Inimigo Rumor (Rio de Janeiro), ou Entretanto (Recife), así coma nas estranxeiras Quimera (España), Green Integer Review (Estados Unidos) e Belletristik (Alemaña), entre outras. Ademais, poemas seus foron traducidos ao alemán, inglés, castelán, catalán, francés, holandés, sueco, esloveno e árabe. Canto a libros completos e individuais en tradución, en 2013 saíu en Alemaña a súa propia antoloxía: Körper: ein Handbuch, outra semellante viu a luz en flamenco na Holanda, e en España verteuse ao castelán o seu último título, Ciclo del amante sustituible (2014). Pola súa banda, Domeneck traduciu para o portugués poemas de autores entre os que podemos mencionar Hans Arp, Friederike Mayröcker, Frank O´Hara ou Jack Spicer.

Poeta curtido sobre os escenarios, presentou recitais e performances en cidades coma Bos Aires, México DF, París, Bruxelas, Barcelona, Ljubljana ou Dubai. Mais tamén traballa adoito apoiándose no vídeo, ou explorando a fronteira textual entre o oral e o escrito, traballos que ten mostrado en espazos como o Museu de Arte Moderna do Río de Janeiro, o Museo Reina Sofía en Madrid, o Museo Experimental El Eco en Cidade de México ou a Akademie der Künste de Berlín.

Aqui em Vigo,
eu meço o nível:
chega já o dilúvio.
Aprendamos hinos
como nos códices
de Martim Codax e
do rei-cantor, Dinis.
Afundaremos mais
juntinhos, e felizes.


 

Nada en Carballo en 1988, Rosalía Fernández Rial medrou entre Bergantiños e Muxía para marchar logo a estudar Filoloxía á Universidade de Santiago. Acordeonista, teatreira e escritora, na súa etapa de formación investigara sobre teatro clásico e realizou diferentes traballos académicos vinculados ao Grupo de Investigación Calderón de la Barca. Unha vez licenciada, os seus intereses desprázanse cara a didáctica das linguas, da literatura e da expresión dramática, primeiro no seu Traballo Fin de Máster e logo xa na súa Tese de Doutoramento, mentres afonda na súa preparación física e actoral.

Como autora, en especial de poesía, publica En clave de sol (2009), Átonos (2011), Vinte en escena (2012), Un mar de sensacións (2012) e Ningún amante sabe conducir (2014), ademais de contribuír nunha chea de títulos colectivos como Follas de Carballo (2011), Contos de Taberna (2014) ou Catálogo (2015). Sempre inqueda á hora de interpretarse, a estas obras Rosalía dótaas de corpo, voz e representación levándoas aos escenarios a través de diversas presentación performáticas e musicais. Neste paso da grafía á acción e á interacción, vai atoparse co músico Serxio Moreira (Bilbao, 1977), para crearen xuntos o proxecto ELO: unha formación poético-musical e escénica que vén de publicar o seu primeiro traballo discográfico, dispoñible –xunto cos videoclips gravados– na web da autora: http://www.rosaliafernandezrial.com/  Así, na actualidade, ELO anda a percorrer boa parte da xeografía galega con traballos como Átonos, Vinte en escena ou Ningún amante sabe conducir.

ESCENA VII: (esquina)

As esquinas da rúa
que fago pola noite
son as proas da cidade.
Eu, o máis fermoso mascarón.
Nacín madeira de serea;
o meu canto fuma
rosas dos ventos
en solapas descoñecidas.
Desorientadas xa.
E os peixes que teño nos beizos
Coñecen
todos os buratos do suburbio.
Porque cada crepúsculo
atracan, nas miñas costas,
demasiados barcos desnortados.
Din que me movo
en danza oceánica;
que bico coa vertixe do nordés.
Comprenden que cobre
por fabricar amor.
Pero ninguén sabe
con cantos piratas
teño que deitarme
antes de poder durmir.

 

Buscas algo concreto?

Buscador avanzado

Datas

Escolla período ou rango de datas:

Dende:

Ata:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?