Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Smart City

Mobilidade

Grazas aos proxectos de Mobilidade Smart o cidadán poderá saber en tempo real cal é o itinerario con menos densidade de tráfico ou que aparcadoiros subterráneos dispoñen de prazas libres na cidade.

Usuaria de liña de autobús consultando información del a través dun dispositivo móbil

A mellora do tráfico e do transporte urbano baséase en conseguir unha mobilidade sostible

A mellora do tráfico e do transporte urbano baséase en conseguir unha mobilidade sostible. Para iso é necesario traballar para lograr:

  • Un sistema de transporte público sostible, alcanzable e cun consumo enerxético eficiente
  • Unha contorna que fomente o transporte brando, como os desprazamentos a pé e en bicicleta
  • Fácil acceso a todos os barrios, a pé, en bicicleta e en transporte público
  • Redes de transporte local ben conectadas ás redes metropolitanas
  • Redes periurbanas que se deben planificar tendo en conta o desenvolvemento espacial e o uso global do solo
  • Nodos de transporte ben integrados coas actividades sociais, culturais e económicas, incluídas as de lecer.

Coruña smart city

Actuacións Smart no ámbito do tráfico e transporte urbano

Sistema de optimización do tráfico en tempo real

Con este piloto queremos mellorar o fluxo de vehículos, a frecuencia do transporte urbano, o control de aparcadoiro en zonas especiais e o respecto polas zonas peonís da cidade.

Máis información

Sistema de aparcadoiro intelixente

Trátase dunha aplicación que permite consultar a dispoñibilidade de prazas de aparcamento da cidade antes de saír da casa. Desta forma axudaremos a evitar o tráfico que provoca a procura de estacionamento.

Máis información

Este proyecto se cofinancia al 80% por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)