Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Coruña Smart City

Plataforma tecnolóxica

O proxecto de Coruña Smart City baséase no uso dun “cerebro da cidade” que recolle datos, a través de múltiples sensores e dispositivos repartidos polos nosos barrios, e convérteos, grazas á plataforma Sofía2, en información visualizable sobre unha proxección da cidade baseada na tecnoloxía eVidens.

Infografía de nodos dun cerebro sobre unha imaxe da cidade

A capacidade de xestión e intelixencia da plataforma tecnolóxica favorecen o desenvolvemento dunha cidade máis sustentable e con maior calidade de vida.

O "cerebro" da cidade

O proxecto de Coruña Smart City baséase no uso dunha Plataforma Tecnolóxica Horizontal. Un “cerebro da cidade” que recolle datos, a través de múltiples sensores e dispositivos repartidos pola cidade, e convérteos en valiosa información. Esta información integrada en tempo real sobre o que ocorre na nosa cidade, axuda aos xestores para tomar mellores decisións e aos cidadáns para beneficiarse de servizos máis eficientes.

  1. Os datos recóllense de múltiples sensores e dispositivos presentes por toda a cidade.
  2. Estes datos intégranse e xestiónanse a través de regras e modelos predictivos: transfórmanse en información.
  3. A información permite tomar mellores decisións e adaptarse, en tempo real, ás necesidades da cidade.
Coruña Smart City busca comprender e entender o funcionamento real da cidade ao poñer en valor os datos que xeran as actividades que nela transcorren, sentando as bases dunha novo paradigma de xestión e uso, que está baseado na intelixencia urbana achegada polos cidadáns, polos xestores municipais e pola capacidade da plataforma tecnolóxica de servir de soporte á mesma.

Coruña Smart City é "diferente"

En lugar de solucións verticais (de enerxía, mobilidade, xestión de residuos…) optamos por construír a plataforma horizontal, o cerebro para ir, paulatinamente e sen fin, integrando todas as áreas de xestión da cidade:

  • Integración progresiva de información e servizos
  • Incremento progresivo de información compartida
  • Participación cidadá e empresarial
  • Cambio organizativo interno

Integración de múltiples fontes de datos

A plataforma tecnolóxica ten a capacidade de integrar información desde múltiples fontes de datos: desde plataformas WSAN (redes de sensores) conectadas á plataforma, desde Internet (servizos publicados en Internet, smartphones dos usuarios, sensores conectados a Internet …), ou desde sistemas de información externos (sistemas de in-formación xeográfica, cartón cidadán, padrón de habitantes, estatísticas…) e ofrecer, sobre os mesmos, unha infraestrutura común de procesado, incorporación de valor e soporte avanzado para poder desenvolver servizos verticais sobre os datos procesados dispoñibles de maneira aberta seguindo un esquema OpenData.

Ademais, a plataforma incorpora unha capa completa de datos, procesos e servizos de geolocalización o que permite que toda a información dispoñible constitúa unha representación territorial dixital (gráfica e alfanumérica) da cidade.

Servizos Smart

Sobre a plataforma tecnolóxica, e os seus servizos de recolección e procesamientos dos datos, é posible xerar todo tipo de servizos Smart para os distintos ámbitos de xestión urbana (mobilidade, enerxía, turismo, medio ambiente, seguridade, emerxencias…) baixo unha perspectiva e unha visión integral da cidade, dotando, con iso, ao goberno da mesma e aos propios cidadáns dunha potente ferramenta que lles permite tanto a súa utilización como eixo de evolución como para alcanzar obxectivos económico-sociais e institucionais así como incrementar a calidade de vida dos seus habitantes.

    tecnología

    Componentes principales de la plataforma tecnológica

    Captación de datos: gateway Coruña Smart City

    Los gateways son dispositivos que permiten la conexión de sensores y otros elementos de captación de información con los centros de control que en nuestro caso es la plataforma de Coruña Smart City.

    Máis información

    Interconexión de datos: SOFIA

    La Plataforma Coruña Smart City está soportada SOFIA un sistema software capaz de poner los datos e información del mundo físico a disposición de servicios inteligentes.

    Máis información

    Visualización avanzada: eVidens

    eVidens® es un sistema integral de visualización avanzada que nos permite gestionar datos ligados a nuestra ciudad de forma interactiva y centralizada.

    Máis información

    Este proyecto se cofinancia al 80% por el Fondo Europeo de Desarrollo Regional (FEDER)