Concello da Coruña

Concello da Coruña

A Coruña é unha cidade incomprensible sen o mar. A nosa condición mariña e portuaria, ademais dun motor económico fundamental ao longo da historia que o debe ser tamén no futuro, é un dos eixes vertebradores, talvez o principal, da nosa configuración urbana, da nosa composición social, da nosa cultura e da nosa identidade. E a desexada recuperación dos terreos portuarios para a cidade é ao mesmo tempo un desafío e unha oportunidade histórica. As decisións que tomemos hoxe marcarán as próximas décadas, a cidade que queremos ser, e definirán, para sempre, a nosa relación co mar.

Algo así só podemos decidilo en común. Sumando todas as voces. Desde logo, sen deixar de lado as veciñas e os veciños da cidade. Sen deixar de lado A Coruña, que se xoga o seu futuro e o seu dereito a decidir, e que nin pode nin vai deixar que sexan outros, desde fóra, os que condicionen a súa transformación con intereses que nada teñen que ver cos da cidadanía. En maio do ano pasado, máis de 4.000 persoas dixérono claro na manifestación en defensa do porto: fóra a especulación, queremos garantir a titularidade e a xestión pública dos terreos a través dun mecanismo, dun consorcio, que sexa capaz de impulsar, desde a cooperación entre administracións, unha solución global.

Arrincamos este proceso de diálogo e investigación coa vontade de sumar e coa certeza de que a recuperación e transformación da nosa fachada atlántica é a chave para abordar os retos que A Coruña, á cabeza da súa área metropolitana, ten por diante. Desde a mellora da mobilidade, a construción de novos equipamentos públicos ou a ampliación do espazo público e as zonas verdes ata o imprescindible impulso á actividade económica e á creación de emprego. Agora depende de nós. De todos e todas nós.

Xulio Ferreiro, alcalde da Coruña

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión