Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Tecendo litoral

Cando:

10 de abril de 2018

O Concello abre o período de inscrición para participar no Foro Cidadán Tecendo Litoral, "un espazo de reflexión e debate participado sobre os futuros usos dos peiraos da cidade"

As persoas que desexen participar poderán cumplimentar o formulario habilitado na web www.coruna.gal/tecendo-litoral/gl. O evento, que se celebrará os días 27 e 28 de abril, contará tamén con servizo de conciliación e de tradución á linguaxe de signos

A veciñanza que desexe participar, de xeito completamente gratuíto, no Foro Cidadán Tecendo Litoral, que se celebrará na cidade os próximos días 27 e 28 de abril, xa pode inscribirse a través do espazo web municipal habilitado a tal efecto na dirección www.coruna.gal/tecendo-litoral/gl. O obxectivo deste evento é conformar un espazo de reflexión aberto á cidadanía que servirá para presentar o resultado dos traballos de estudo e investigación realizados na primeira fase do proxecto Tecendo Litoral. Investigación e diálogo sobre o futuro da Coruña e os seus peiraos, con propostas de usos para os terreos portuarios, que se debaterán entre as persoas participantes. As xornadas, que se celebrarán en Palexco, contarán ademais con opción de servizo de conciliación (para o cal tamén será precisa a incrición previa) e interpretación en lingua de signos. Así o anunciou a concelleira de Participación, Claudia Delso, titular dunha das áreas de goberno impulsoras deste proceso, xunto coa a de Rexeneración Urbana. "Ademais de abrir o prazo de inscrición, está xornada vimos de reformar a páxina web, de cara a achegar máis información á cidadanía sobre este proceso e as diversas formas de participación", explicou a responsable municipal, que tamén adiantou que o Concello enviará nos próximos días convites a todas as institucións, entidades sociais da cidade e do terceiro sector co obxectivo de que participen neste foro, "que quere repensar a cidade do futuro entre todos e todas".

O proceso Tecendo litoral arrincou no mes de novembro de 2017 cunha análise en profundidade, a través dun estudo técnico, da documentación legal e urbanística existente así como de exemplos doutras cidades do mundo que acometeron trasformacións portuarias de xeito participativo, innovador e sostible. A primeira fase completouse cun traballo de campo cos axentes implicados da cidade e a súa área metropolitana, a través de grupos de discusión e entrevistas con axentes institucionais, económicos, entidades sociais, medioambientais e aquelas cunha estreita relación co mar. "A vontade de diálogo continúa nesta segunda fase do proceso coa celebración do Foro Cidadán, que servirá para recoller o sentir da cidadanía e tamén para presentar os resultados da primeira fase do proceso, así como para escoitar a voces expertas no eido da transformación portuaria doutras cidades como Barcelona, Bilbao, Saint Nazaire e Valencia", indicou a concelleira, que recordou que o programa completo estará dispoñible na web de Tecendo Litoral a partir da próxima semana.

Ademais, está previsto que no mes de maio se presente un documento final con toda a información xerada, tanto na primeira como na segunda fase deste proceso, así como unha folla de ruta con recomendacións para seguir a negociación e a articulación do futuro da fachada marítima coruñesa.

Imaxe gráfica
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?