Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Tecendo litoral

Cando:

21 de abril de 2018

O goberno da Coruña rexeita o pacto entre Xunta e Fomento que blinda os convenios urbanísticos de 2004 sobre os terreos portuarios, e que foi deseñado de costas á cidade, ás institucións e a súa xente

O executivo municipal lembra que a revisión dos convenios de 2004, o tratamento da beira atlántica no seu conxunto e a garantía de uso e titularidade públicos son premisas irrenunciables

O goberno municipal da Coruña rexeita enerxicamente a oferta pactada pola Xunta de Galicia, Puertos del Estado e o Ministerio de Fomento para blindar os convenios urbanísiticos de 2004 e salvar así a operación especulativa nos peiraos de San Diego, argallada de costas á cidade, ás súas institucións e a súa xente. O executivo local anticipa que, nesas condicións e co contido do convenio que se propón, o Concello da Coruña non adquirirá cota de propiedade dese condominio. O consistorio municipal convida ás administracións estatal e autonómica, gobernadas polo Partido Popular, a rectificar agora que aínda están a tempo: aproveitando que o convenio non está asinado, deben deixar sen efecto, con carácter inmediato, o polémico protocolo e retomar as conversas co Concello.

O executivo local considera que calquera negociación sobre a fachada litoral da Coruña debe partir de tres permisas que son irrenunciables: a revisión dos convenios de 2004, o tratamento da beira atlántica no seu conxunto, non troceada, e a garantía da titularidade e o uso públicos de todos os terreos portuarios. O goberno municipal lembra tamén que aínda non recibiu resposta nin da Xunta nin do Ministerio de Fomento á súa proposta de protocolo, enviada e comunicada no mes de outubro a ambas institucións, nin ao convite realizado aos seus dirixentes para participar os vindeiros días 27 e 28 de abril no Foro Cidadán Tecendo Litoral, un espazo de reflexión aberto á cidadanía para abordar o futuro do bordo litoral, e no que o executivo municipal exporá a súa proposta para os terreos portuarios así como o resultado da investigación levada a cabo nestes meses dentro do proceso Tecendo Litoral. A inscrición para participar no mesmo pódese realizar a través da páxina web municipal www.coruna.gal/tecendo-litoral/gl

Imaxe gráfica
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?