Concello da Coruña

Concello da Coruña

O Foro Tecendo Litoral é un momento de encontro e conversa da cidade, onde coñecer mellor o noso litoral e as oportunidades que presentan para A Coruña os terreos do porto interior. Celébrase o venres 27 e sábado 28 de abril en Palexco.

Os seus obxectivos son:

  • compartir o proceso da investigación e as principais conclusións, dun xeito claro e transparente para toda a cidadanía,
  • afondar no coñecemento da realidade do bordo litoral, facendo fincapé naqueles temas que poden ser de especial relevancia para a transformación dos terreos portuarios,
  • amosar como outras cidades emprenderon os seus procesos de transformación portuaria e ver referentes inspiradores para o futuro da Coruña,
  • debater sobre as cuestións clave deste proceso e enriquecer a proposta coa mirada cidadá.

Por isto, o Foro combina conferencias e mesas redondas de especialistas con dinámicas de indagación colectiva nas que todas as persoas poden participar activamente.

O programa do Foro estará dispoñible a partir do día 16 de abril.

Conta atrás

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión