Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña

En las páginas web municipales utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de "Normas de uso".

Transparencia

  • Compartir
  • Añadir a mi móvil | 
  • Imprimir

Para nós o Estadio Municipal de Riazor seguirá sendo "Riazor"

Amosamos a nosa desconformidade a respecto da autorización dada polo Goberno municipal ao novo nome do Estadio Municipal de Riazor

Tras a aprobación hoxe da autorización ao Real Club Deportivo para o uso comercial da denominación "Estadio Abanca Riazor", entendemos, independentemente de que só se permita este uso nos ámbitos futbolísticos no que participe o Dépor, que as instalacións son públicas polo que o nome debería permanecer inalterado

Vimos de amosar publicamente hoxe a mañá a nosa desconformidade a respecto da aprobación da autorización ao Real Club Deportivo, e para uso nos ámbitos futbolísticos no que participe, da denominación "Estadio Abanca Riazor" para as instalacións municipais de Riazor.

Entendemos que, ao ser o Estadio de Riazor de titularidade pública municipal, e que en virtude do convenio asinado no ano 2000, é cedido para as competicións que disputa o Dépor, ao se tratar dun patrimonio de todas as coruñesas e de todos os coruñeses, e independentemente de que ese nome só se aplique para o "ámbito futbolístico", a nova denominación representa unha perda de identidade en beneficio dunha entidade privada sen unha compensación ao interese xeral da cidade da Coruña.

Somos conscientes de que a situación económica pola que atravesa o Real Club Deportivo fai que teña que buscar alternativas de financiamento. E os acordos aos que chegue con terceiros para solucionalos rexeranse polos termos que crea máis oportunos. Mais isto non pode ser unha escusa que xustifique empregar o convenio de colaboración asinado no seu día co Concello da Coruña, e polo cal se lle fai unha cesión dunha instalación pública, para que o Goberno municipal autorice a publicidade por intereses comerciais a unha terceira entidade privada, neste caso bancaria. Desde logo cremos que a única beneficiaria da operación é esa entidade, sen que exista ningunha contraprestación ao conxunto da veciñanza, ademais de supoñer unha simbólica perda patrimonial.

Bloque Nacionalista Galego

Datos de contacto

Dirección: Rúa Damas 4, baixo.15001, Cidade Vella, A Coruña.

Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398

Email: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.es

Propuestas y opiniones

Resultados: 1

  • 1 Páginas
  • 1
  • Ayuntamiento de A Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Plaza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 o desde dentro del término municipal al teléfono de atención 010
¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari y Microsoft Internet Explorer 10 o superior. Instalar ahora un navegador compatible

?