Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PP esixe explicacións pola pasividade de Ferreiro en seguridade cidadá

O alcalde reduciu un 5% o persoal das Unidades de Distritos, un 95% a renovación de vehículos e un 58% os colexios participantes en accións de formación viaria

O Grupo municipal Popular esixe explicacións pola pasividade de Ferreiro en materia de Seguridade Cidadá que se une á permisividade cos okupas ilegais da Comandancia, segundo reflicte a memoria de actividade de 2016 e en comparación con 2014, último completo do anterior goberno municipal. "De 2016 a 2014 non cambiaron quen manda na Policía Local, cambiou que Ferreiro asumiu a competencia de Seguridade Cidadá e relaxou o control sobre o cumprimento das ordenanzas, prexudicando as persoas que as cumpren ao favorecer as que as incumpren".

Respecto das actuacións da Policía Local en 2016 relacionadas co control do Tráfico, Ferreiro foi permisivo en exceso con quen incumpre as normas de circulación, ao descender un 35% o número de multas aumentando o caos de tráfico. Dentro destas sancións, diminuíron un 38% as multas para axuda á mobilidade, entre as que destacan as ocasionadas pola dobre fila, un 74% menos -de 3.243 en 2014 a 840 en 2016-. Respecto diso, os vehículos retirados polo guindastre por infraccións de tráfico descenderon un 28%, e as infraccións denunciadas polo AVI baixaron un 95%. "Ferreiro non só non adoptou nin unha soa medida para mellorar a mobilidade da cidade, senón que ademais de bloquear as iniciativas doutras administracións neste campo, é desesperante a súa pasividade á hora de loitar contra quen incumpre a normativa dificultando a mobilidade dos vehículos e prexudicando a toda a cidadanía coruñesa".

Sobre infraccións administrativas, no 2016 os comisos por venda ambulante ilegal reducíronse un 60% respecto do 2014 -de 308 a 126- e as denuncias pola venda ilegal tamén diminuíron un 70% -de 180 a 53-. O mesmo sucede coas infraccións denunciadas contra aparcacoches ilegais que poñen en risco a seguridade viaria, ao reducirse un 95% -de 97 a 4-. "Calquera que pasee pola cidade comprobará que a venda ambulante ilegal aumentou, co consecuente prexuízo para os comerciantes que pagan os seus impostos, os soldos das súas persoas empregadas e chegan con dificultade a final de mes. Non só os afogan eliminando os convenios e reducindo a cantidade das subvencións á metade, senón que Ferreiro é extremadamente permisivo con quen vende ilegalmente".

Dentro destas infraccións, atopámonos coa vista gorda de Ferreiro sobre os locais de lecer ao diminuír case un 40% o control sobre o cumprimento da ordenanza de ruídos -de 461 a 285-, e un 52% o control de incumprimento de horarios -de 69 a 33 denuncias-. "A veciñanza, en especial Peixería, Orzán e Cidade Vella levan tempo queixándose pola eliminación do dispositivo de control de lecer nocturno e polos datos da memoria, tamén teñen motivo pola falta de control dos locais que molestan e que lles impiden descansar. Esta veciñanza, sobre todo a da Cidade Vella, tamén se queixa por problemas de consumo de drogas e os datos danlles a razón porque en 2016 tramitáronse un 42% menos de denuncias por portar ou consumir drogas en espazos públicos, de 215 a 124".

O desastroso balance de Ferreiro en seguridade cidadá non se limita ao control ou ao tráfico, tamén en temas como recursos humanos, o material da Policía Local ou actuacións de formación. Así, en 2016 reduciuse un 5% o persoal das Unidades de Distritos, e destaca un 10% na Unidade Nocturna; diminuíu un 95% o número de vehículos adquiridos para a policía, de 22 a 1, e reduciuse nun 58% o número de colexios participantes en accións de formación viaria -de 43 a 18- e nun 10% o número de alumnas/os -de 3.399 a 3.053-.

Polo tanto, o balance de Ferreiro como responsable de Seguridade Cidadá é de auténtico desastre tanto pola súa permisividade cos okupas ilegais como coa pasividade á hora de facer cumprir as distintas ordenanzas e normativas. "Agora explicámonos por que delegou a competencia na concelleira de Igualdade, co fin de evitar as críticas ante o desastroso balance de 2016 en Seguridade".

Partido Popular

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.

Tel.: 981 184 265

Correo electrónico: grupopp@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión