Concello da Coruña

Concello da Coruña

Gallego critica que Ferreiro "celebre" o ecuador de mandato recuperando o Audi oficial con chofer

·O pasado mes de abril, Ferreiro sacou do garaxe un Audi oficial que comprou o bipartito por 65.000€ e, conducido por un funcionario, foi a Portugal co seu xefe de gabinete e unha asesora, ambos os asinantes do manifesto da Marea.
·Xa en abril do 2016, Ferreiro e o seu xefe de gabinete foron a Vigo nun coche municipal con dous policías de escolta e negouse a responder por escrito cantas veces foi de viaxe oficial en coche particular de funcionarios.
·Ferreiro prometeu renunciar a todos os privilexios do cargo e chegou a facerse unha foto en bus como 'xente do común', que non usa audis oficiais, nin chofer, nin escolta, e hai que lembrar que o Goberno municipal Popular meteu no garaxe os coches oficiais do bipartito e poxounos

A portavoz do Grupo municipal Popular, Rosa Gallego, critica a Ferreiro por celebrar o ecuador do seu mandato recuperando o Audi oficial e o chofer, en contra do que prometeu durante a súa campaña electoral, esnaquizando o seu ideario político, incumprindo gravemente o seu programa e afastándose cada vez máis da xente do común, que non usa coche oficial, nin chofer, nin escolta.

Galego lembrou que o Goberno municipal do Partido Popular nunca utilizou os coches oficiais que herdou do bipartito, que se venderon en poxa salvo un par polos que non houbo ofertas. "No mes de abril deste ano, Ferreiro decidiu sacar un Audi oficial municipal do garaxe onde están desde hai seis anos e, conducido por un chofer do concello, subirse aos seus asentos de coiro para irse de viaxe a Portugal xunto co seu xefe de gabinete e unha asesora municipal, ambos os asinantes do manifesto da Marea que non incluía viaxar en audis oficiais con chofer".

Ferreiro e acompañantes chegaron á Conferencia de Cidades do Arco Atlántico, que se realizou na localidade lusa de Viana do Castelo, a bordo dun luxoso vehículo municipal conducido por un funcionario, un Audi A6 3.2 FSI QUATTRO TRIPTONIC de 255 cv, matrícula 8956GBH, comprado polo bipartito municipal en 2008 por 65.000 .

Gallego destacou que non é a primeira vez que Ferreiro utiliza un coche do concello para os seus desprazamentos. En abril de 2016, xusto un ano antes de coller o Audi, Ferreiro e o seu xefe de gabinete foron ver o derbi galego a Vigo nun coche da policía local acompañados por dous escoltas. "Nese momento, puxo como escusa que llo recomendaron por seguridade por ser partido de alto risco. Quen lle recomendou que viaxase en Audi con chofer, cales son os motivos de seguridade no Arco Atlántico? Esta vez foi por comodidade".

Ferreiro prometeu renunciar a todos os privilexios asociados ao cargo, e chegou a facer unha foto subido a un bus identificándose como 'xente do común'. "Canta xente do común vai a Portugal nun Audi A6 oficial con chofer ou a Vigo noutro coche municipal con dous escoltas? O grave non é usar ou non estes coches, o grave é usalos cando se dixo que non se faría. Ferreiro non necesitou nin medio mandato para recorrer ao Audi oficial, ao chofer e aos escoltas porque xa se acomodou a pisar a alfombra vermella. O ano pasado chegou a recoñecer que 'nos pasamos de freada cos asesores e os coches oficiais', 'non é que queira un séquito e un coche de luxo', e pouco tardou en subirse ao coche de luxo co seu séquito".

No Pleno de xaneiro de 2016, o Grupo municipal Popular preguntou por escrito cantas veces foi de viaxe oficial no coche particular dalgunha funcionaria de Protocolo e a resposta de Ferreiro foi que 'a pregunta fica fóra das cuestións que poidan ter interese desde o punto de vista do control da actividade municipal'. "Desde cando o controlado decide o que ten ou non interese para quen o controla? É o momento de que Ferreiro aclare esta cuestión, porque se ademais de usar Audi oficial con chofer e escolta, tamén usa ou usou coches particulares de funcionarios para viaxes oficiais, a súa incongruencia sería máxima, como é que o acompañen funcionarios de protocolo aos partidos do Deportivo en Riazor ou a multitude de eventos, algo pouco apropiado para quen presume de xente do común".

Partido Popular

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.

Tel.: 981 184 265

Correo electrónico: grupopp@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión