Rosa Gallego mostroulles o seu apoio ante os problemas derivados de que a empresa estea sen contrato desde hai ano e medio e esíxelle a Ferreiro que lle requira que cumpra as condicións laborais que figuran no prego.
O PP insta a Ferreiro a cumprir a moción Popular aprobada en marzo e licitar un novo contrato de Deportes que se está prestando sen cobertura legal desde setembro do 2016.
As cláusulas sociais das que presume Ferreiro son un paripé porque o concelleiro de Deportes coñece a situación e non fixo nada e a concelleira de Igualdade non os recibe a pesar de que tamén existen problemas de conciliación familiar.
A Portavoz do Grupo Municipal Popular, Rosa Gallego, reuniuse con representantes das persoas traballadores dos servizos complementarios de deportes para mostrarlles o seu apoio ante as súas reclamacións ao Goberno municipal para que garanta as súas condicións laborais derivados de que a concesionaria presta o servizo sen contrato co Concello desde setembro do 2016.
O PP esíxelle a Ferreiro que lle requira á empresa que cumpra o calendario de traballo, as quendas e as condicións laborais que figuran no prego da licitación á que se presentou a actual concesionaria.
Os Populares critican que Ferreiro presuma de cláusulas sociais nos contratos que non son máis que un paripé. As persoas traballadoras denuncian modificacións das condicións laborais mentres o concelleiro de Deportes mira para outro lado a pesar de coñecer a situación. Tamén existen problemas de conciliación familiar polo que solicitaron reunirse coa concelleira de Igualdade, sen resposta.
O PP insta a Ferreiro a poñer fin á incerteza laboral dos centos de traballadores de empresas que están a prestar servizos municipais sen contrato, que no caso de Deportes afecta a 70 traballadores, e que cumpra a moción do PP aprobada en marzo.
Na moción ínstase a Ferreiro a licitar xa un novo contrato de Deportes que se presta sen cobertura legal desde hai ano e medio. Desde entón, Ferreiro está a pagar o servizo con facturas irregulares con reparo suspensivo de intervención por importe de 120.000 euros mensuais sen contrato que o ampare.
Na mesma situación están 130 traballadores do servizo de Recollida de lixo, sen contrato desde xaneiro de 2017 e sen licitar o novo. Ferreiro xa pagou con reparo suspensivo de intervención máis de 11 millóns de euros (900.000 euros mensuais). A situación agravarase porque o de Limpeza viaria, con 270 traballadores/as e 900.000 euros mensuais, finaliza en xuño e tampouco se licitou.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.
Tel.: 981 184 265
Correo electrónico: grupopp@coruna.es
2 de marzo de 2018
· Rosa Gallego propón que se acorde a revisión de oficio do expediente ante as irregularidades detectadas, co ditame previo preceptivo e vinculante do Consello Consultivo
· O PP destaca que tampouco publicaron no BOP a resolución de compra previamente á sinatura como din as bases e que Ferreiro gastou diñeiro público en comprar unha vivenda ilegal en lugar de sancionar a persoa propietaria
· Ferreiro ten quince días hábiles para a convocatoria do Pleno ao contar o Grupo municipal Popular cos concelleiros mínimos que esixe o Regulamento para a súa celebración
21 de xuño de 2017
27 de xullo de 2017
30 de xuño de 2017
resultados 15
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible