Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE apoia as e os atletas coruñeses que hoxe adestran no parque de Oza ante a falta de pistas

Os socialistas acompañan as persoas deportistas que acoden a esta zona de Oza polo atraso nas obras das instalacións de Elviña

O PSOE mostra unha vez máis o seu apoio ás e aos atletas coruñeses e acompañará esta tarde, a partir das 19.15 horas, as persoas deportistas que hoxe acoden ao parque de Oza a adestrar ante o atraso que acumulan as obras das instalacións de Elviña.

Os/as atletas non dispoñen de pista para poder adestrar debido ás obras que se fan no campus de Elviña, polo que se ven obrigados a buscar espazos alternativos para a súa preparación. É por iso que regularmente acoden ao parque de Oza para estes adestramentos. Hoxe, os socialistas acudiremos a este adestramento para mostrar o noso apoio e para esixir celeridade nos traballos.

É certo que as choivas influíron no atraso, pero tamén é certo que non se buscaron alternativas nin se aproveitaron os días bos para acelerar os traballos no campus de Elviña. De feito, non hai instalacións na cidade e só algúns atletas, os que teñen medios para iso, desprázanse ás pistas do INEF en Bastiagueiro.

Esta falta de medios contrasta co feito de que este fin de semana acoden catro atletas ao Campionato de España de 5.000 e 10.000 metros.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión