Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE cualifica de decepcionantes os Orzamentos Xerais para A Coruña

O portavoz socialista, José Manuel García, denuncia que somos unha das cidades máis penalizadas polo PP nos últimos anos

O PSOE considera que os Orzamentos Xerais do 2018 son unha decepción para a cidadanía coruñesa, cuns investimentos previstos por baixo das necesidades da cidade e con actuacións que se alongan no tempo ou nin sequera se recollen nas contas públicas.

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, José Manuel García, cualificou de "decepción enorme" as partidas comprometidas e advertiu de que o Goberno de España realiza unhas compensacións territoriais nas que nin Galicia nin A Coruña parecen estar.

O portavoz socialista lamenta que dentro de Galicia, incluso A Coruña resulta prexudicada, ao ser unha das cidades máis penalizadas e con menos investimento durante os últimos anos. Nesta liña, chama a atención sobre os prazos para o tren ao porto exterior, unha infraestrutura vital que xa entrou en servizo e que non terá ferrocarril ata dentro doutros cinco anos, e sempre que se cumpran as previsións actuais, o que tampouco está garantido.

Se non hai ferrocarril non hai porto exterior operativo ao 100 por cento, o que tamén afectará á liberalización dos peiraos interiores e ao seu desenvolvemento.

Outros proxectos como a remodelación de Alfonso Molina e o Viario 18 poñen de manifesto a falta de compromiso do Partido Popular coa mobilidade na cidade e coas grandes infraestruturas, pois atrásanse os investimentos de tal forma que ningún dos proxectos será realidade na seguinte lexislatura. Todo o que ten que ver coa mobilidade está a sufrir mala planificación e atrasos.

Desta forma, o PP colocou A Coruña, unha vez máis, á cola das súas prioridades nunhas contas que fan languidecer os proxectos, que aparecen ano tras ano nos Orzamentos Xerais do Estado pero que non se executan.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión