Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE denuncia que Marea Atlántica non respecta os estatutos do IMCE ao levar ao consello feitos consumados

O edil socialista e conselleiro pide que se aproveite a asignación de novo persoal para reestruturar o Instituto para atender con garantías a dimensión da programación e dos escenarios de xestión municipal

O Grupo Municipal Socialista lamenta que o goberno local non atendese a petición do PSOE para retirar da orde do día do consello reitor do IMCE o punto 2 no que se dá conta da asignación de funcións a un técnico da Área de Deportes.

O edil Fito Ferreiro deixou claro que non se opón á medida, pero si á adulteración do proceso, tendo en conta que se dá coñecemento de feitos consumados cando a medida tiña que ser aprobada previamente na xunta de goberno. Ademais, Fito Ferreiro entende que é bo aproveitar este momento para abordar unha reestruturación do Instituto Municipal Coruña Espectáculos co fin de mellorar a atención e dar a resposta necesaria á importante programación cultural da cidade.

A Coruña ten unha importante programación cultural e musical, con numerosos escenarios que en breve se van incrementar (teatro Colón e posiblemente o Palacio da Ópera), o que fai necesario repensar a estrutura do IMCE, que apenas conta con 12 persoas traballadoras. É bo momento para abordar esta situación, analizar as necesidades e as tarefas co fin de que haxa unha estrutura suficientemente dotada para dar resposta oportuna.

Desta maneira, Fito Ferreiro reiterou que non se rexeita a decisión, pero si a forma, porque non se está respectando o proceso. O edil socialista presentou un voto particular na realización do consello reitor pero non foi atendido e aprobouse, a pesar de que o artigo 15 dos estatutos din claramente que é competencia do consello aprobar as normas de funcionamento e a estrutura organizativa dos diferentes servizos do IMCE.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión