Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE lamenta que Marea Atlántica deixase sen resposta as irregularidades no proceso de compra de inmobles

Os socialistas apoian no pleno o traslado do expediente do plan de vivenda ao Consello Consultivo para que depure responsabilidades

O PSOE lamentou que Marea Atlántica desaproveite o pleno extraordinario e non dea resposta ás preguntas formuladas polo edil socialista José Manuel Dapena nas que sinalaba irregularidades do proceso de compra de inmobles, dentro do plan de vivenda.

Desde o Grupo Socialista, por iso, apoiamos o traslado do expediente ao Consello Consultivo para unha análise independente do proceso e esixiulles responsabilidades aos concelleiros de Urbanismo e de Contratación, así como ao alcalde, Xulio Ferreiro. Na súa intervención subliñou o absoluto fracaso do plan de vivenda, o que era proxecto estrela de Marea Atlántica.

Tres sinxelas preguntas formuloulle o PSOE a Marea Atlántica no pleno extraordinario para aclarar as irregularidades na compra de pisos e ningunha tivo resposta:

Por que se publica no BOP a execución do acordo de compra dos inmobles e non se publica previamente a resolución do acordo como esixían as bases do concurso, algo que podería supoñer a anulación de todo o proceso?

Cando mentiu o edil de Contratación, cando na Comisión de Transparencia afirma que o notario, ao ler a escritura, non dixo que estaba a comprar un local comercial ou mentiu ante notario ao recoñecer que "lida por min integramente" a escritura de compravenda na que si recolle a adquisición dun local comercial?

E a terceira pregunta dirixida ao alcalde: ante tantas irregularidades, quen asumirá responsabilidades, un ou os dous concelleiros ou o mesmo Xulio Ferreiro, que permaneceu ausente e púxose de perfil neste proceso?

Ningunha das tres preguntas formuladas polo edil José Manuel Dapena tivo resposta, o que redunda negativamente na imaxe do Concello da Coruña e na transparencia e calidade democrática da xestión de Marea Atlántica.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión