Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE pide que se deixen de lado os intereses partidistas para acertar na transformación dos peiraos

O portavoz socialista lamenta que Marea organice un foro de debate sen contar co resto de administracións e que o PP use a Xunta e o Goberno para avanzar nun protocolo sen contar co Concello. José Manuel García entende que Feijóo está a incumprir a moción que o PP aprobou no pleno e pide que se actúe como fixo o PSOE no seu día, sentando a todos á mesa para chegar a acordos.

O PSOE pide que se deixen de lado os intereses partidistas para construír un proxecto colectivo de cidade que garanta o futuro da Coruña coa transformación dos peiraos, algo que non está a ocorrer nestes momentos. O portavoz socialista advertiu de que se lle fai un fraco favor á poboación coruñesa se este tema se converte nun "pin pan pun" electoral no que as administracións defenden intereses políticos.

José Manuel García repartiu culpas a partes iguais entre Marea Atlántica e Partido Popular. Ao primeiro por organizar un foro de debate sobre a fachada marítima sen contar co resto de administracións que son parte das decisións finais: "Non participa a Xunta, o Goberno, Portos do Estado nin a Autoridade Portuaria. É un foro que nace coxo e non é maneira de construír cidade nun proxecto de tanta envergadura". E ao segundo porque hoxe Núñez Feijóo, o ministro de Fomento e os representantes dos portos reúnense na Coruña para dar un paso máis no protocolo de desenvolvemento dos peiraos sen contar coa cidade nin co Concello.

É impropio que o ministro de Fomento veña á cidade para facer un anuncio de grande impacto para A Coruña e deixe de lado a cidade, engadiu antes de sinalar o PP coruñés por non defender a moción aprobada no pleno da Coruña.

Na devandita moción do Grupo Socialista apoiada tamén polo Partido Popular e Marea Atlántica, aprobada en xaneiro de 2017, ínstase o Porto a paralizar as poxas de Solaina e hotel Finisterre; tamén se insta o Porto a negociar co Concello o mantemento da titularidade pública destes terreos, e pídese a convocatoria da comisión de seguimento con todas as administracións parta definir a ordenación dos terreos do porto. E á vista do que está a ocorrer, nin Xunta nin Fomento están a respectar a moción que o PP coruñés votou no pleno.

Isto é o que defendemos os socialistas e consideramos que para definir os usos do porto hai que facer o que xa fixo o PSOE no seu día: sentar á mesma mesa a Autoridade Portuaria, Portos do Estado, Xunta de Galicia, Ministerio de Fomento, Adif e Concello, porque é a única forma de construír de forma serena o futuro dos/as coruñeses/as. O portavoz socialista apelou ao entendemento entre as administracións para lograr o mellor proxecto para A Coruña.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión