Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE reúnese coas mulleres de Xirxilar para recoller as súas demandas

Os socialistas trasladarémoslle ao Concello as súas propostas para mellorar os servizos e as súas demandas para organizar actividades

O PSOE visitou a asociación Xirxilar co ánimo de recoller as demandas da devandita entidade. Os socialistas compartimos un café con boa parte das cen mulleres que conforman a entidade e escoitamos a súa visión sobre a situación da cidade.

Así mesmo, o portavoz socialista, José Manuel García; o vicesecretario xeral e portavoz da agrupación, Juan Ignacio Borrego, e a secretaria de Igualdade, Miriam Couceiro, tomaron nota do estado do centro social que alberga a sede de Xirxilar e comprometéronse a lle trasladar ao Concello as demandas de mellora no servizo e no seu funcionamento.

Da mesma maneira, insistiron na posibilidade de seguir organizando actividades propias, á marxe das que ofrece o Concello, pois poden complementarse.

Xirxilar é unha asociación de mulleres que se creou a principios dos anos 90 na Sagrada Familia pero que conta con mulleres de todos os barrios da cidade, que se reúnen periodicamente e celebran diversas actividades que favorecen a convivencia.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión