Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE e ALAS Coruña fan balance positivo do programa de atención a vítimas de LGTBIfobia

O colectivo valora o compromiso socialista, que incorporou 5.000 euros ao orzamento do 2017 e outros 19.000 euros ás contas do 2018. A Coruña é a terceira cidade de España en contar con este servizo

O Grupo Municipal Socialista e ALAS Coruña fixeron balance positivo do programa de atención a vítimas de LGTBIfobia grazas a unha subvención incorporada polo PSOE aos orzamentos do 2017 (5.000 euros) e do 2018 (19.000 euros). Nunha reunión na que participaron o portavoz, José Manuel García, e os edís Fito Ferreiro e Pilar Neira co presidente do colectivo, Carlos Emilio Mella, puxéronse sobre a mesa as accións desenvolvidas desde o Observatorio Coruñés contra a LGTBIfobia.

Ademais de campañas de coñecemento e visibilidade, o programa posto en marcha grazas a esta subvención permitiu desenvolver un programa de acompañamento ás vítimas nunha primeira fase, cunha canle de comunicación a través de web e liña telefónica para apoiar e asesorar as persoas que resultan agredidas pola súa condición sexual.

O obxectivo é dar continuidade a este programa, garantindo a subvención municipal para seguir desenvolvendo accións de concienciación e atención.

A Coruña converteuse así na terceira cidade española en contar con este servizo, despois de Madrid e Barcelona. Esta iniciativa que deu xa os seus primeiros pasos, é froito das conversas entre PSOE e ALAS Coruña, que se concretaron na concesión dunha axuda municipal á entidade para poder levar a cabo este proxecto no 2017 e que ten a súa continuidade este ano.

Os socialistas consideramos fundamental desenvolver iniciativas deste tipo, máis aínda ao comprobar que segundo as estatísticas policiais dos últimos anos, A Coruña é xunto a Cádiz unha das cidades de España con máis denuncias por casos de LGTBIfobia. O obxectivo é que este programa siga axudando ás vítimas para contar cun apoio directo tras vivir estas situacións, tal e como xa sinalamos nunha reunión mantida con ALAS en novembro do pasado ano, cando se analizou o seu desenvolvemento.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión