Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE e a asociación de veciños de Visma acordan coa Edar de Bens maior control no paso de camións polo barrio

O Grupo Socialista e a directiva da entidade visitaron a EDAR co fin de reducir as molestias que supón o tránsito de vehículos pesados con lodos. A EDAR comprometeuse a realizar un maior control e facilitou un teléfono de atención para responder os avisos da veciñanza. O PSOE recolleu a proposta da Asociación de Veciños para formular a apertura do último tramo do Paseo Marítimo e desviar así o tráfico pesado fóra do barrio.

O Grupo Municipal Socialista e a Asociación de Veciños de San Pedro de Visma mantiveron unha reunión coa dirección da Edar de Bens para formular unha serie de demandas referidas ao tráfico de vehículos pesados que a diario pasan polo barrio. Froito deste encontro a dirección da planta comprometeuse a realizar un maior control sobre os camións e facilitou un número de teléfono de contacto directo para atender calquera aviso da veciñanza.

Os residentes en Visma queixáronse do tráfico pesado na zona que provén da EDAR, son uns mil camións ao ano que pasan polo barrio cos lodos. Así mesmo, advertiron sobre as vibracións que producen e que nalgunha ocasión puntual prodúcense perdas que se verten na vía. Desde a EDAR sinalaron que non tiñan coñecemento, debido a que os camións van precintados, pero en todo caso comprometéronse a extremar a seguridade do transporte co fin de evitar as molestias.

Con ánimo de dar resposta adecuada ás demandas veciñais, a EDAR facilitou un teléfono directo para que a veciñanza poida chamar no caso de que xurda calquera incidencia ou para responder a calquera demanda con respecto a isto.

Na mesma liña, as veciñas e os veciños de Visma formuláronlle ao PSOE a posibilidade de dar continuidade ao Paseo Marítimo entre O Portiño e Bens, de tal forma que esta vía se puidse utilizar para desviar os camións e evitar o seu paso polo medio do barrio. O Grupo Socialista recolleu esta proposta veciñal, que coincide co anhelo de completar o Paseo Marítimo, e o portavoz socialista, José Manuel García, propuxo incorporar este proxecto ao orzamento municipal aproveitando o superávit.

Na reunión coa Edar de Bens e a asociación de veciños, que preside Fernando Fernández, valoráronse como positivas todas estas iniciativas. O portavoz socialista, que estivo acompañado pola edil e conselleira da EDAR, Pilar Neira, transmitiu a satisfacción por dar resposta útil ás demandas veciñais e destacou a proposta para completar o Paseo Marítimo.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión