Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE reforza na súa visita a Grumico o seu compromiso coa accesibilidade na cidade

O portavoz socialista pide maior implicación do Concello para mellorar os accesos a edificios e establecementos, e confía en recuperar un programa de concienciación nos colexios

O Partido Socialista reforzou na súa visita a Grumico (Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña) o seu compromiso para avanzar na accesibilidade universal da cidade. O portavoz socialista, José Manuel García, e a secretaria de Servizos Sociais da Agrupación, Rosa Barreiro, visitaron as instalacións en Elviña co presidente, Javier Mouriño, e a traballadora social, Laura Presedo, para coñecer o seu labor e as necesidades actuais. Froito do encontro, o PSOE comprometeuse a impulsar novos proxectos de sensibilización nos colexios e a mellorar a accesibilidade en edificios e establecementos.

José Manuel García destacou o labor encomiable que realiza Grumico desde a súa sede, moi dinámica e cunha grande actividade que conxuga desde un centro de emprego de xoiería ata un ximnasio para prácticas deportivas, pasando por diferentes actividades formativas, de lecer e saúde. O portavoz socialista recolleu a demanada do presidente da entidade respecto dos problemas de accesibilidade da cidade, que segue presentando notables deficiencias en accesos a edificios públicos e privados, así como a establecementos comerciais. Neste sentido, comprometeuse a traballar desde o Concello iniciativas de sensibilización e a recuperar proxectos que se abandonaron no presente mandato para reforzar o labor municipal.

"A inserción na discapacidade física empeza por unha cidade accesible e imos traballar para conseguir este propósito: a cidade debe ser sensible con este problema porque ao final mellóranse as condicións de vida das persoas, algo que entendemos obrigado", apuntou José Manuel García.

Nesta liña, confiamos en recuperar un programa de concienciación nos colexios que viña realizando Grumico a través dun convenio co Concello e que neste mandato quedou no esquecemento. Parécenos necesario recuperar este programa para lograr unha sensibilización en pouca idade, de tal forma que entendan que é a discapacidade física, cales son os problemas e como se poden superar para facer unha cidade mellor.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión