Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PSOE reclama unha intervención urxente para arranxar a área de autocaravanas do Portiño

O portavoz socialista pídelle ao goberno que acondicione este espazo para a campaña de verán e medidas para atender a este sector turístico en alza. Marea Atlántica segue sen cumprir unha moción do PSOE aprobada por unanimidade de todos os grupos en outubro de 2017 para mellorar esta zona

O Partido Socialista reclámalle ao goberno municipal que realice unha intervención de urxencia na área de autocaravanas do Portiño co fin de que estea en perfectas condicións de uso para a tempada de verán e co obxectivo de lles prestar a atención adecuada aos turistas que chegan por este medio á cidade. O portavoz socialista, José Manuel García, lamentou o estado de abandono deste espazo e lanzou unha proposta en positivo para que Marea Atlántica actúe con tempo suficiente.

Neste sentido, lembrou que xa en outubro do ano pasado aprobouse por unanimidade do pleno unha moción do PSOE que instaba a realizar obras de mantemento e mellora na área de autocaravanas do Portiño para reparar os notables danos e arranxar este espazo. Con todo, sete meses despois o único que ocorreu é que esta zona está aínda máis deteriorada: os baños públicos inutilizados; a zona axardinada descoidada, o empedrado con fochas e os servizos básicos en mal estado. Todo iso transmite unha imaxe negativa do parque de autocaravanas e da cidade que ten o seu traslado nos foros de comentarios dos autocaravanistas.

A mesma moción socialista pedía que se iniciase un estudo para crear unha nova área de autocaravanas na cidade, co fin de aproveitar este tipo de turismo. Primeiro recuperar a zona do Portiño e logo procurar unha nova localización complementaria, pois na actualidade moitas seguen estacionando aos pés da Torre de Hércules.

Desde o PSOE entendemos que o goberno local debe prestar maior atención a este sector turístico, pois pola cidade pasan unhas 5.000 autocaravanas ao ano, das que unhas 4.000 permanecen entre un e tres días na cidade. O gasto medio por autocaravana e día estímase entre 50 e 100 euros. Por iso, é importante ofrecer servizos que garantan e melloren a oferta da Coruña para un tipo de turismo en auxe.

O portavoz socialista lembrou que a área do Portiño creouse no 2006 cun investimento que roldou os 40.000 euros, e con 15 prazas, e que os últimos gobernos non foron capaces de aproveitar esta instalación para impulsar o turismo de autocaravanas.

PSdeG PSOE

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña

Teléfono: 981 184 260

Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 73

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión