O portavoz, José Manuel García, interesouse polos proxectos da Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, durante a súa visita á sede da entidade
O Partido Socialista comprometeuse a incrementar o apoio que desde María Pita se lle vén ofrecendo á Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC), co fin de garantir a súa actividade e fomentar o desenvolvemento de novos programas de saúde.
O portavoz socialista, José Manuel García, destacou o importante traballo que realiza ABAC na cidade e na provincia, na prevención e intervención dos trastornos da conduta alimentaria. Na súa visita á sede de ABAC, no Barrio das Flores, acompañado pola edil Pilar Neira e a secretaria de Políticas Sociais do PSOE, Rosa Barreiro, coñeceu as instalacións, así como os programas que veñen realizando para atender enfermidades que afectan a entre un 5% e un 6% dos adolescentes, segundo datos da OMS.
A entidade, fundada en 1996 por familias de persoas con trastornos da conduta alimentaria, conta con apoio de diferentes administracións, entre elas o Concello, aínda que resulta insuficiente para manter a actividade e reforzar os programas de saúde que veñen realizando.
Neste sentido, o portavoz socialista destacou o compromiso do Grupo Municipal Socialista, que defendeu no actual mandato o mantemento dos convenios nominativos coas entidades sociais, que como ABAC realizan un labor notable na cidade, e comprometeuse a traballar en novas fórmulas que permitan mellorar o apoio do Concello a ABAC.
José Manuel García agradeceulle á dirección de ABAC o traballo que veñen desenvolvendo desde 1996. Desde 2013 veno facendo na sede do Barrio das Flores, un inmoble cedido no seu día polo goberno socialista.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es
4 de maio de 2018
O portavoz socialista pídelle ao goberno que acondicione este espazo para a campaña de verán e medidas para atender a este sector turístico en alza. Marea Atlántica segue sen cumprir unha moción do PSOE aprobada por unanimidade de todos os grupos en outubro de 2017 para mellorar esta zona
27 de abril de 2018
23 de abril de 2018
19 de abril de 2018
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible