Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Actividade corporativa

Denomínase Actividade corporativa ás actuacións levadas a cabo polo goberno municipal, é dicir, o resultado das deliberacións, debates e toma de decisións que lle afectan á cidadanía na súa totalidade. Dada a súa repercusión e relevancia, publícanse para así poder realizar un seguimento e control eficaz da xestión do goberno municipal por parte de todas as persoas interesadas.

Ademais da lexislación de ámbito estatal que determinada as obrigas que debe cumprir calquera entidade municipal, a propia e específica do Concello da Coruña recóllese no Regulamento Orgánico Municipal (ROM) aprobado no ano 2004 no que, entre outros aspectos, se regula todo o relacionado cos plenos, as xuntas de goberno local (JGL) e as comisións, que xa se describiron no apartado "Órganos de Goberno" deste Portal de Transparencia.

O ROM indica como deixar constancia da actividade corporativa desempeñada:

  • respecto do Pleno: desde o artigo 28 ata o 71 incluídos detállase todo o relacionado coa duración das intervencións, as deliberacións, votacións, etc. Faise mención expresa ás actas e o seu contido na sección 6ª, artigos 68 e 69.
  • respecto da Xunta de Goberno Local, regúlase no capítulo V. De especial relevancia é o art. 106.b), que indica que "as deliberacións da XGL serán secretas, sen prexuízo da publicidade e comunicación (...) dos acordos adoptados", e 106.e): "As actas das sesións da Xunta de Goberno Local, que terán o formato e contido das do Pleno aínda que adaptadas á composición do este órgano, serán subscritas polo concelleiro-secretario, transcribiranse en libro distinto do das sesións do Pleno e Comisións Delegadas..."
  • respecto das comisións, regúlase todo o concernente a elas no capítulo II.

En todas as actas da actividade municipal debe constar a orde do día e o resumo ou extracto de cada sesión.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?