Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Como se avalían os servizos municipais?

A avaliación de servizos é un instrumento que permite detectar e corrixir erros na calidade dos servizos e, por tanto, melloralos.

Un "servizo" é algo máis que satisfacer a outros; é a maneira de levar a cabo a actuación, a visión e o obxectivo dun goberno municipal. Débese considerar como un conxunto de actividades, tarefas e actitudes que todo o conxunto de traballadores públicos (cargos electos e funcionariado) desempeñan para que a cidadanía sinta que o goberno municipal está a traballar de maneira eficiente e eficaz, por e para eles e elas.

Existe unha serie de ferramentas fiables para avaliar a adecuación e a calidade dos servizos que ofrece un goberno municipal, como son:

Memorias de xestión

Pola súa importancia, teñen un espazo propio neste portal web. As memorias de xestión son instrumentos de reflexión e análise para a propia organización municipal.

Constitúen un instrumento central da rendición de contas dos concellos ante a cidadanía. A súa realización e a súa posterior análise permite avaliar o cumprimento de obxectivos da actuación municipal.

Análises comparativas

A análise dos resultados obtidos, ao longo de varios anos e diferentes mandatos, permite coñecer a opinión que ten a cidadanía do servizo que se recibe, así como analizar que servizos ou departamentos xeran un maior número de queixas. Isto indicará que hai cousas que se poden (e deben) mellorar.

Por iso ten relevancia a realización de:

  • enquisas de satisfación da cidadanía respecto de servizos específicos
  • memorias de xestión mencionadas
  • a análise e valoración dos informes sobre as suxestións, queixas e reclamacións rexistradas a través do SeR (Sistema de Suxestións e Reclamacións)

As cartas de servizos

Son documentos escritos que informan a cidadanía sobre os servizos que os órganos administrativos, unidades e centros teñen encomendados, así como sobre os dereitos desta cidadanía e das persoas usuarias dos servizos públicos.

Conteñen, así mesmo, os compromisos e estándares de calidade na prestación do servizo e os indicadores de xestión que permitan seguir o grao de cumprimento deses compromisos.

Na actualidade non existe ningunha carta de servizos aprobada neste concello.

As acreditacións AENOR e normas ISO

Desde a súa creación en 1986, AENOR traballa intensamente para estender a cultura da calidade entre o tecido económico. AENOR contribuíu notablemente a que hoxe España sexa o segundo país de Europa e cuarto do mundo en Xestión da Calidade ISO 9001. Ademais desta norma xeral, existen certificacións que atenden as necesidades específicas de sectores, como a de xestión ambiental ou enerxética.

Neste concello dispoñemos das seguintes acreditacións ISO:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?