Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Índices de Transparencia dos Concellos (ITA)

ITA España

A organización Transparencia Internacional (TI) é a única organización non gobernamental a escala universal dedicada a combater a corrupción, congregando a sociedade civil, sector privado e os gobernos nunha ampla coalición global.

Transparencia Internacional España asume que a transparencia é un importante obxectivo da sociedade actual, e que está inherentemente unida ao dereito a saber da cidadanía, que esixe de forma crecente estar suficientemente informada e ter un maior grao de participación nas decisións que lle afectan. TI-España asumiu estes compromisos xa desde a súa constitución legal no 2006.

É precisamente esta organización a que desenvolve cada dous anos os ITA (Índices de Transparencia dos Concellos), que constitúen unha ferramenta para medir o nivel de transparencia dos concellos españois ante a cidadanía e a sociedade.

Na última edición do ITA ata a data (a quinta, que corresponde ao 2014), avaliouse a transparencia dos 110 maiores concellos de España a través dun conxunto integrado de 80 indicadores. Coa aplicación dese conxunto de indicadores, cada concello obtén unha puntuación individual de forma que se obtén un ránking ou clasificación do nivel de transparencia dos concellos citados.

As seis Áreas de Transparencia que se avalían no ITA son as seguintes:

  1. Información sobre a corporación municipal
  2. Relacións coa cidadanía e a sociedade
  3. Transparencia económico-financeira
  4. Transparencia nas contratacións e custos dos servizos
  5. Transparencia en materias de urbanismo, obras públicas e medioambiente
  6. Indicadores da Lei de transparencia

Ademais desta avaliación do nivel de transparencia, outro obxectivo do ITA é fomentar a cultura informativa dos propios concellos, xa que se lles ofrece a posibilidade, durante un prazo determinado, de que incorporen nas súas respectivas webs a información solicitada por TI-España, o que contribúe a lograr un aumento do nivel da información útil e importante que estas corporacións lles ofrecen á cidadanía e á sociedade, chegando a coñecer aqueles aspectos nos cales os concellos españois no seu conxunto presentan maiores ou menores niveis de transparencia..

En definitiva, a través do ITA búscase propiciar un maior achegamento dos concellos á cidadanía, aumentando a información que esta recibe das corporacións locais, tanto sobre a situación dos propios concellos como sobre as actividades que realizan, así como sobre as prestacións e servizos que se lles ofrecen.

Indicadores ITA do Concello da Coruña no 2014

Puntuacións globais de ITA 2008 a 2014: segundo este ránking, a nosa cidade ocupa o posto 73, e obtén unha puntuación de 83,8 (sobre 100) na última avaliación correspondente ao 2014.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?