Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Que é unha Memoria de Xestión municipal?

É o documento que integra a información de relevancia da xestión municipal realizada durante o ano, e que, segundo recolle o art. 192 da Lei reguladora das facendas locais, debe acompañar a conta xeral do concello.

Este documento comprende:

a) unha memoria xustificativa do custo e rendemento dos servizos públicos

b) unha memoria demostrativa do grao de cumprimento dos obxectivos programados, con indicación dos previstos e alcanzados e o seu custo.

Constitúe, polo tanto, un instrumento central da rendición de contas dos concellos ante a cidadanía. Desde este punto de vista, a memoria forma parte das obrigas vinculadas á transparencia na xestión pública, sendo unha canle de información á cidadanía sobre a execución dos orzamentos, os servizos prestados, o custo incorrido e o grao de cumprimento dos obxectivos programados.

Ao mesmo tempo, as memorias de xestión son instrumentos de reflexión e análise para a propia organización municipal. A información das diversas anualidades e servizos permite comparacións valiosas que lle ofrecen á organización a posibilidade de analizar a eficacia e eficiencia da asignación de recursos e a idoneidade dos métodos de organización e xestión utilizados.

Deste xeito, as memorias de xestión poden e deben converterse nun estímulo para introducir innovacións na xestión municipal.

Podes consultar nos seguintes arquivos a xestión municipal realizada nos últimos anos:

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?