Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Que é un Plan de mandato?

compartir ideas

Definición

O Plan de Mandato é o compromiso que o equipo de goberno asume para os 4 anos de lexislatura municipal.

Trátase dun documento estratéxico no que se determinan as principais liñas de actuación do goberno municipal, que se desenvolverán ano tras ano con transparencia e participación cidadá. É, sobre todo, o compromiso político das persoas responsables municipais ante a cidadanía.

É un documento estratéxico externo que recolle os grandes eixes considerados estratéxicos para avanzar cara á visión de futuro do municipio que se propón e desexa, indicando os obxectivos que se esperan conseguir e detallando as principais actuacións e proxectos para realizar ou promover. É a súa folla de ruta.

A través da súa aplicación e desenvolvemento:

  • promove a transparencia na súa actuación, informando a cidadanía e o conxunto de axentes da cidade.
  • permite que a cidadanía coñeza os proxectos de futuro e, polo tanto, poida priorizalos e opinar, valorando finalmente a actuación do goberno en función do grao de logro dos obxectivos marcados.
  • ofrécelles a todos os partidos políticos a posibilidade de facer un seguimento das súas actuacións para avaliar se o goberno municipal cumpre os seus compromisos.

É, ao mesmo tempo, un documento estratéxico interno xa que:

  • permite que toda a estrutura municipal teña claro os obxectivos para conseguir e as accións para realizar
  • todos os servizos e unidades administrativas coñecerán con detalle que terán que realizar ao longo da lexislatura
  • permite que todos os servizos ou unidades traballen de forma coordinada e transversal para alcanzar un mesmo obxectivo

Un Plan de Mandato pode ir acompañado dun Plan de Acción Municipal (PAM) ademais dos orzamentos anuais do período de xestión.

Unha mostra do que se pode facer durante un período de catro anos de mandato, é definir un modelo de cidade sobre o que traballar posteriormente mediante unha serie de estratexias de actuación. Unha mostra disto témola na estratexia EIDUS Coruña , aprobada no Pleno municipal do 12 de decembro de 2016 por unanimidade.

Para facer un balance do estado de cumprimento deste plan, cada ano poderíanse realizar sesións abertas coa cidadanía mediante a plataforma de participación cidadá "Dillo ti".

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?