Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Por que unha Administración "transparente"?

vaso cristal

A transparencia, o acceso á información pública e as normas de bo goberno deben ser os eixos fundamentais de toda acción política.

Se a cidadanía coñece como se toman as decisións que lle afectan, como se manexan os fondos públicos ou baixo que criterios actúa o goberno municipal, empézase a responder a unha sociedade crítica, esixente e que demanda participación na toma de decisións.

Esta transparencia, fronte á idea de segredo e reserva, reforza o carácter democrático de calquera administración pública xa que queda suxeita ao control cidadán.

  • Canta máis transparencia (publicidade proactiva), menos necesidade de demanda de información porque xa estará exposta (publicidade pasiva)
  • Canta máis transparencia, meirande participación porque a cidadanía poderá opinar ao ter datos fiables.
  • Canta máis transparencia, meirande garantía de cumprimento dun programa de goberno porque se poderá avaliar.

Polo tanto, e non simplemente polo feito de que exista unha lei que "obrigue", a esixencia dunha cultura da transparencia debe ser a meta de calquera Administración para lograr unha sociedade mellor, máis informada, máis esixente e máis participativa, conseguindo así un verdadeiro goberno aberto.

Os primeiros pasos dados por este concello para asumir eses compromisos, teñen o seu reflexo na redacción dunha Instrución sobre Transparencia , aprobada polo correspondente Decreto sobre Transparencia e que establece a obriga do seu cumprimento por toda a estrutura municipal, incluídas as entidades municipais. Tal e como recolle a Instrución na súa disposición décimo segunda, esta entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación na páxina web municipal que tivo lugar o 4 de abril de 2016.

Por todo isto e máis, créase e desenvolve este Portal da Transparencia do Concello da Coruña. Fainos as túas propostas.

María Pita iluminada
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?