Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Como podo acceder?

trámites

A Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía aos servizos públicos estableceu o dereito da cidadanía para relacionarse electronicamente coas administracións públicas. Posteriormente esta lei foi derrogada pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, que ademais a actualizou.

Na contorna actual a tramitación electrónica non pode ser aínda unha forma especial de xestión dos procedementos senón que debe constituír a actuación habitual das administracións.

Unha Administración sen papel baseada nun funcionamento integramente electrónico debe servir para mellorar os principios de eficacia e eficiencia, aforra custos á cidadanía e a empresas, e reforza as garantías das persoas interesadas.

A existencia destes documentos nun arquivo electrónico facilita a transparencia pois permite ofrecerlles información puntual, áxil e actualizada ás persoas interesadas.

Sede electrónica

As sedes electrónicas foron creadas pola Lei 11/2007 posteriormente derrogada pola Lei 39/2015 do 1 de outubro. Permiten o acceso da cidadanía e as empresas a toda a información, procedementos, trámites e servizos que están dispoñibles electronicamente neste concello.

Accede á sede. Atoparás moita información de interese consultando o seu menú.

Catálogo de procedementos

A propia sede electrónica municipal ofrece un catálogo de procedementos en liña que se poden realizar desde a web municipal. Desde ela e cos permisos necesarios que establece a lei, pódense realizar determinados trámites sen ter que desprazarse ás oficinas municipais.

Así mesmo, na sección Servizos da web municipal atoparás unha descrición dalgúns trámites de competencia municipal, aínda que só con valor informativo.

Taboleiro de edictos municipal

Neste taboleiro pódense consultar os edictos e anuncios que normativamente así o dispoñan. O acceso a el non requirirá ningún mecanismo especial de acreditación da identidade da cidadanía, polo que se garante o acceso, a autenticidade, integridade e dispoñibilidade do seu contido segundo as disposicións legais vixentes.

A Lei 15/2014, do 16 de setembro, de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa (BOE 17-09-2014), implantou o Taboleiro Edictal Único (TEU) a través do Boletín Oficial do Estado como medida orientada a facilitar as relacións entre a Administración e a cidadanía.

Desta maneira a cidadanía saberá que, mediante o acceso a un único lugar e coa garantía e seguridade xurídica que supón o BOE, pode ter coñecemento de todos os anuncios para ser notificado que lle poidan afectar, independentemente de cal sexa o órgano que os realiza ou a materia sobre a que versan.

Consulta aquí a ligazón

Exposición pública de expedientes urbanísticos

Algúns expedientes relacionados con cuestións de relevancia urbanística (que afecten ao plan, licenzas, xestión urbanística e servizos xerais), débense someter ao trámite de información pública tras ser aprobados inicialmente polo goberno municipal, co fin de que a cidadanía poida formular as alegacións que considere oportunas.

Estas alegacións poderanse presentar, entre outros, nos rexistros municipais (ou os que permite a lei) dentro dos prazos sinalados no anuncio de aprobación de cada un dos expedientes.

Consulta aquí os que están expostos.

Expedientes de proxectos con repercusión ambiental significativa

Suxestións e Reclamacións (SyR)

Este sistema estableceuse en cumprimento da Lei 57/2003, do 16 de decembro, de medidas para a modernización do goberno total, sendo regulado posteriormente polo Regulamento Orgánico da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións mediante acordo da JGL do 2 de setembro de 2005.

Xestiona as queixas e suxestións presentadas pola cidadanía, segundo o establecido no Regulamento Orgánico Municipal , segundo o cal a persoa interesada deberá cumprir os requisitos regulamentarios e achegar obrigatoriamente a información seguinte se quere acceder aos dereitos que o regulamento outorga:

  • Nome e apelidos ou razón social, e DNI ou CIF
  • Enderezo (vía pública e número, localidade e código postal)

A omisión dalgún dos requisitos supoñerá que non será obrigatorio contestar á queixa, aínda que o seu trámite interno efectuarase de todos os xeitos.

Os responsables deste sistema SyR elaboran anualmente unha memoria do servizo onde figuran os datos estatísticos do ano anterior.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?