Nacín en Vimianzo no ano 1975. Son licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de
Compostela, levo publicadas as novelas Unha puta percorre Europa, Sidecar e Da Máquina, todas elas
traducidas ao español, así como os poemarios Plan de fuga e Crónica do chan. Tamén colaborei en medios como El País, Praza, Tempos Novos e Vieiros entre outros, e formei parte do consello de redacción da revista
O Xornal, da Central Unitaria de Traballadores/as. Militante no nacionalismo organizado desde a miña etapa universitaria, no ámbito profesional desempeñei
labores como comercial nos sectores da alimentación, a
construción e as novas tecnoloxías e fun tamén responsable de contidos da páxina web da Real Academia Galega.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible