Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Sr. D. José Manuel Sande García

Sr. D. José Manuel Sande García

Retribución anual:

35.000 € brutos/ano

Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento

Áreas de competencia: cultura e coñecemento (incluída Escola Municipal de Música), deporte, memorias (incluídos Museos) e IMCE.

Nacín na Coruña no ano 1972. Son programador cultural e escritor cinematográfico. Procedo do Centro Galego
de Artes da Imaxe/ Filmoteca de Galicia, institución cultural adscrita á Xunta de Galicia, onde traballaba como persoal laboral dende inicios de 2006 na area de programación. Licenciado en Filoloxía Hispánica, acadei a Suficiencia Investigadora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada e cursei un Master en Teatro e Cine. Posúo unha extensa traxectoria como escritor e xestor cultural, activista, docente e programador. Presente en publicacións especializadas e libros colectivos coas relacións entre arte-política ou cine-literatura como eixes, investiguei sobre documental e a historia do cine español. Fun guionista e produtor asociado do filme Arraianos (2012) de Eloy Enciso e intervín en proxectos de investigación académicos co cine como motor. Xurado en máis de vinte festivais cinematográficos, participo asiduamente en comisións de subvencións e bolsas a profesionais. Ponente galego no Foro de Culturas Ibéricas organizado pola Universidade de Oxford (2012), son membro da Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC), así como un dos fundadores de iniciativas de dinamización sociocultural como a canle de televisión por internet Galiza Ano Cero, o blog Acto de Primavera e a revista Luzes, de cuxo consello de redacción formei parte.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?