Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Decretos de organización municipal

Se temos en conta o último apartado do artigo 45 da actual Lei 39/2015 de procedemento administrativo común, que indica "... cando o aconsellen razóns de interese público", atopámonos entón cos Decretos de organización municipal que adoitan ter lugar coa finalización dos procesos electorais municipais.

Nese momento tense que constituír a nova corporación municipal da que se derivará a correspondente estrutura organizativa do novo goberno municipal resultante, con definición das concellerías (ou áreas de goberno) e as súas competencias, comisións especiais ou informativas, delegación de funcións nas direccións de área que tamén se creen, etc.

Estes decretos, polo tanto, definen, constitúen e determinan as diferentes áreas e órganos colexiados que poñen en funcionamento o goberno municipal. Dado que ao longo dunha lexislatura poden ter lugar cambios e modificacións, inclúense tamén as variacións que sufriron cambios desde o inicio do mandato. Inclúense polo seu interese anuncios de carácter público para coñecemento da cidadanía.

  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 15 de xuño de 2015, polo que se establecen as áreas de goberno, noméanse os membros da Xunta de Goberno Local e o seu réxime de sesións, e determínanse os catro tenentes de alcalde do goberno municipal (BOP do 6 de xullo de 2015)
  • Constitución da Xunta de Goberno Local e o seu réxime de sesións (anuncio) (BOP do 6 de xullo de 2015)
  • Delegación de atribucións da XGL nos tenentes de alcalde e concelleiros/as que teñan atribuídas por decreto da Alcaldía a dirección, xestión, inspección e impulso dos seus respectivos servizos. Inclúe a composición da Mesa de Contratación permanente (BOP do 6 de xullo de 2015)
  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 18 de xuño de 2015, polo que se modifica a estrutura da administración municipal executiva e establécense 3 órganos directivos: as direccións de área Apoio á Alcaldía, Asesoría Xurídica e Seguridade Cidadá (BOP do 6 de xullo de 2015)
  • Anuncio de delegación de competencias da Xunta de Goberno Local nos 3 novos órganos directivos creados (Apoio á Alcaldía, Asesoría Xurídica e Seguridade Cidadá) (BOP do 6 de xullo de 2015)
  • Delegación no tenente de alcalde responsable da Área de Emprego e Economía Social, a aplicación das sancións pola comisión das infraccións referidas á licenza municipal de apertura, e no relativo á venda ambulante ou non sedentaria (BOP do 20 de agosto de 2015)
  • Delegación de atribucións conferidas incialmente á Alcaldía, no concelleiro de Mobilidade Sostible, Daniel Díaz Grandío, para o desenvolvemento e aplicación da Ordenanza Municipal Reguladora da Instalación de Terrazas en espazos de uso público, aprobada polo Pleno o 6 de maio de 2015 (BOP do 20 de agosto de 2015)
  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 7 de outubro de 2015 polo que se modifica o Decreto do 15 de xuño de 2015 en canto á estrutura das áreas de goberno de Alcaldía e Facenda e Administración (BOP do 23 de outubro de 2015)
  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 7 de outubro de 2015 polo que se crea nova Dirección de Economía e Facenda e a delegación das súas atribucións (BOP do 23 de outubro de 2015)
  • Delegación de competencias (anuncio) da Xunta de Goberno Local na nova Dirección de Área de Economía e Facenda (BOP do 23 de outubro de 2015)
  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 15 de decembro de 2015 polo que se crea nova Dirección de Apoio da Área de Rexeneración Urbana e Vivenda, a súa delegación de atribucións e a súa estrutura administrativa (BOP do 25 de xaneiro de 2016)
  • Delegación de competencias (anuncio) da Xunta de Goberno Local na nova Dirección de Apoio á Área de Rexeneración Urbana e Vivenda (BOP do 25 de xaneiro de 2016)
  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 13 de xullo de 2016, polo que se delega en José Manuel Sande García, concelleiro delegado de Culturas, Deporte e Coñecemento, a sinatura de todos os convenios de colaboración con empresas privadas, reguladores das condicións de patrocinio para os diferentes eventos deportivos que se realicen mentres estea vixente a delegación xenérica do 15 de xuño de 2015 (BOP do 19 de xullo de 2016)
  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 15 de xuño de 2016, de modificación da estrutura das áreas de goberno de Facenda e Administración, e Participación e Innovación Democrática (BOP do 8 de xullo de 2016)
  • Decreto de Alcaldía-Presidencia do 15 de xuño de 2016, de modificación da organización e funcións das Direccións de Apoio á Alcaldía, Dirección de Apoio á Área de Rexeneración Urbana e Vivenda, e modificación da denominación da Dirección de Área de Economía e Facenda, creada por decreto do 7 de outubro de 2015, que pasará a chamarse Dirección de Economía, Facenda e Administración (BOP do 8 de xullo de 2016)
  • Modificación de delegación de competencias (anuncio) da Xunta de Goberno Local na Dirección de Apoio á Área de Rexeneración Urbana e Vivenda, así como á Dirección da Área de Economía, Facenda e Administración (BOP do 8 de xullo de 2016)
  • Modificación da estrutura das Áreas de Goberno de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible, e Medio Ambiente (BOP do 16 xaneiro de 2017)
  • Decreto polo que se modifica a estrutura da administración municipal executiva e establécense dúas novas direccións de área (Promoción Económica e Emprego, e Espazo Público e Mobilidade), e defínese a nova denominación e competencias da Dirección de Rexeneración Urbana (BOP do 16 xaneiro de 2017)
  • Delegación de competencias (anuncio) da Xunta de Goberno Local, na Dirección de Área de Rexeneración Urbana, na Dirección de Espazos Públicos e Mobilidade, e na Dirección de Área de Promoción Económica e Emprego (BOP do 20 de xaneiro de 2017)

Nomeamentos e cesamentos

Esta xestión forma tamén parte da organización municipal, xa que permite designar os novos e novas titulares das áreas que se consideran de interese, así como o persoal eventual ou de confianza. Do mesmo xeito que nos decretos anteriores, deben estar actualizados ao estar este proceso sometido a cambios, cesamentos, renuncias, axustes etc.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?