Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Cargos de representación

Hai ocasións en que determinadas entidades, habitualmente sen ánimo de lucro, solicítanlle ao Concello a designación dun ou dunha representante municipal para que forme parte dalgunha das súas estruturas públicas.

Deste xeito, a persoa designada como representante municipal pode desenvolver unha tarefa de control, participación e colaboración nese organismo (padroado, consello, xunta...) do que forme parte, sen percibir con carácter habitual ningún tipo de remuneración pola devandita participación, que se debe entender como desinteresada.

Segundo este criterio, o Concello da Coruña ten participación nas seguintes entidades:

Fundación Jorge Jove

Foron designados como membros do seu actual padroado o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, Sr. D. José Manuel Sande García e a concelleira de Participación e Innovación Democrática Sra. Dª. Claudia Delso Carreira

+ INFO

Expocoruña

É unha entidade xestionada pola Fundación Instituto Feiral da Coruña (IFECO). Expocoruña (o recinto) existe desde 2008, aínda que a Fundación foi constituída no ano 1998.

O Padroado da devandita fundación está composto polo Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia (Consellería de Economía e Industria), Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña, Confederación de Empresarios da Coruña e Abanca. A Xunta, a través da Consellería de Economía e Industria, ten unha participación maioritaria.

Actualmente a tarefa de representación municipal no seu padroado asúmea o concelleiro de Emprego e Economía Social Sr. D. Alberto Lema Suárez

+ INFO

Autoridade Portuaria da Coruña

Actualmente figura no seu Consello de Administraciónel o actual concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda Sr. D. Xiao Varela Gómez en representación do concello.

+ INFO

Consellos escolares de centros públicos

Na rede de centros de ensino públicos da cidade (desde escolas infantís municipais, CEIP, IES e outros centros de ensino especial como o Conservatorio de Música e a Escola Oficial de Idiomas) que teñan un consello escolar no seu centro, o Concello designou un representante municipal en cada un deles como figura que representa o municipal que pertence ese centro docente, e participar polo tanto nas decisións que lle afectan a ese centro e a toda a comunidade escolar.

+ INFO

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?