Concello da Coruña

Concello da Coruña

O PP consegue un aforro de 80 millóns de euros en Nostián para todos os coruñeses

· As sentenzas xudiciais favorables sobre a planta avalan as decisións do goberno do PP en defensa dos intereses municipais de non pagar máis por reciclar menos

· Gallego agradeceu o traballo realizado polo anterior equipo directivo, o interventor e o funcionariado que interviñeron nestes recursos, en especial a Asesoría Xurídica

· A ineficacia de Ferreiro xa lles custou máis de 60 millóns aos coruñeses ao perder fondos europeos, non baixar o IBI, subir o recibo da auga, comprar pisos irregulares etc.

A portavoz do Grupo Municipal Popular, Rosa Gallego, compareceu ante os medios de comunicación para expresar a súa satisfacción pola nova sentenza sobre Nostián que lle dá a razón ao Goberno municipal do PP na súa defensa dos intereses municipais, que son os de todos os coruñeses.

Gallego agradeceu o traballo relacionado realizado polo anterior equipo directivo, polo interventor municipal, e polo funcionariado que interviu nestes procesos, en especial a Asesoría Xurídica.

Segundo explicou Gallego, o PP tiña claro que a empresa incumpría desde o primeiro momento e que non se podía pagar máis por reciclar menos e compensar eses incumprimentos. Razón pola que os Populares encargaron as auditorías, técnica e económica e, tras estudalas, decidiron emprender accións xudiciais con resultado beneficioso para os coruñeses.

Esta nova decisión xudicial, xunto coas anteriores, supón un aforro para os coruñeses de máis de 80 millóns de euros grazas á xestión do anterior goberno, que defendeu a improcedencia de todas as reclamacións da empresa, que si avalou o bipartito municipal.

  • Aforro de 14,7 millóns ao desestimar o Xulgado a revisión do canon en razón do IPC, por importe de 14,7 millóns, a pesar de que nos pregos aludíase a unha fórmula polinómica, como mantivo o PP e fixado definitivamente segundo as toneladas ingresadas.
  • Aforro de 28 millóns ao desestimar o Xulgado a demanda de 32,5 millóns por suposto desequilibrio económico que non existiu, como defendeu o Goberno Popular e que o xulgado valorou en 4,6 millóns.
  • Aforro de 37 millóns ao dar agora a razón o Xulgado ao Goberno do PP de declarar lesivo o acordo do bipartito municipal de abril de 2011 de pagar á empresa 3,7 millóns anuais durante dez anos, desde 2011 ata 2020 (fin da concesión), polo traslado de rexeitamentos xerados na planta.

Mentres a xestión do PP supón un aforro para todos os coruñeses, a ineficacia de Ferreiro xa lles custou aos coruñeses 60 millóns de euros, que sen dúbida aumentarán co tempo:

  • perdeu 22 millóns en fondos europeos (15 millóns do primeiro Eidus e 7 millóns de Smart);
  • cobrou 18 millóns de máis no IBI ao negarse a baixalo un 10% desde 2016, e cobrou 6 millóns de máis ao ano desde entón;
  • subiu en 1 millón anual o recibo da auga desde 2018;
  • gastou 150.000 euros en dous inmobles irregulares a un asinante da Marea;
  • adxudicou máis de 300.000 euros en contratos a asinantes;
  • supuxo perder 18 millóns de Audasa para remodelar Alfonso Molina polo seu bloqueo a Fomento;
  • está a piques de perder 1 millón para a rehabilitación da Comandancia por non desaloxar os okupas.

Partido Popular

Datos de contacto

Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña.

Tel.: 981 184 265

Correo electrónico: grupopp@coruna.es

Propostas e opinións

resultados 15

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión