O portavoz, José Manuel García, e a secretaria xeral da Agrupación Socialista, Eva Martínez Acón, visitaron as instalacións e valoraron o compromiso do club co fomento da actividade deportiva, social e cultural
O Partido Socialista comprometeuse co Club do Mar a apoiar as propostas da nova directiva, encamiñadas a mellorar as condicións das instalacións e a súa contorna. Así llo transmitiu o portavoz socialista, José Manuel García, e a secretaria xeral da Agrupación, Eva Martínez Acón, nunha visita á entidade na que tamén participaron a edil Pilar Neira e a secretaria de Deportes, Ana Yaquimenko.
Os socialistas percorreron as instalacións e coñeceron en detalle os plans que pretende levar a cabo a nova directiva que presiden Ángel Garmendia. Desde o PSOE valorouse o traballo e o compromiso da entidade cos barrios da súa contorna e coa cidade, no fomento da actividade deportiva, social e cultural.
A importancia do Club do Mar, polo amplo número de socios e actividades que desenvolve, é un punto fundamental na vida deportiva e social de Monte Alto e Durmideiras, o que supón unha necesaria renovación das instalacións, tanto no interior como no exterior, que o PSOE viu con bos ollos.
Neste sentido, desde o Partido Socialista sempre se destacou o esforzo desta entidade para facer un barrio máis acolledor e con mellores servizos.
Datos de contacto
Enderezo: praza de María Pita, 1. 15001. A Coruña
Teléfono: 981 184 260
Correo electrónico: grupo.municipal.socialista@coruna.es
4 de maio de 2018
O portavoz socialista pídelle ao goberno que acondicione este espazo para a campaña de verán e medidas para atender a este sector turístico en alza. Marea Atlántica segue sen cumprir unha moción do PSOE aprobada por unanimidade de todos os grupos en outubro de 2017 para mellorar esta zona
27 de abril de 2018
23 de abril de 2018
19 de abril de 2018
resultados 73
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible