Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Direccións de área

O actual goberno municipal nomeou para a duración do seu mandato 5 direccións de área para xestionar parte da súa estrutura administrativa, tal e como lle permite o Regulamento Orgánico Municipal do 2004.

O decreto de Alcaldía publicado no BOP do 6 de xullo de 2015 creou de forma inicial, 3 direccións de área: Apoio á Alcaldía, Asesoría Xurídica e Seguridade Cidadá.

Posteriormente ampliou a estrutura dos seus órganos directivos (todas teñen ese rango) coa creación de catro direccións máis, que constitúen finalmente as 7 que se relacionan. En cada unha delas indícase o BOP coa creación da dita área e a atribución de competencias.

Podes saber máis consultando a páxina Decretos de organización municipal.

Apoio á Alcaldía

O seu titular é Juan Carlos Martínez Muñiz. Créase conforme ao establecido no art. 129 do ROM. A súa estrutura modificouse posteriormente mediante un decreto de Alcaldía publicado no BOP do 8 de xullo de 2016.

Desta Dirección de apoio á Alcaldía depende a seguinte estrutura administrativa:

  • Secretaría Particular
  • Departamento de Relacións Públicas e Protocolo
  • Prensa
  • Xefatura de Servizo
  • Asistencia para programas e estratexias
  • Transparencia
  • Normalización lingüística

Ten, entre outras, as seguintes funcións:

a) Prestar os servizos e asistencias á alcaldía en materias como secretaría, comunicacións, organización, protocolo, mobilidade, seguridade, medios de comunicación e similares.

b) Proporcionarlle ao alcalde a información técnica e política que resulte necesaria para o exercicio das súas funcións.

c) Coordinar a información dos programas, plans e actividades das distintas áreas, co fin de lle facilitar ao alcalde a dirección da política, o goberno e a administración municipal e o establecemento das directrices xerais, así como efectuar o seguimento da execución das decisións da alcaldía e avaliar a súa efectividade.

Asesoría xurídica

Asume a súa titularidade Marta García Pérez. Esta área está adscrita á Área de Alcaldía, e encargarase de:

  • Propoñer os proxectos da súa área para acadar os obxectivos establecidos polo alcalde, dirixir a súa execución e controlar o seu cumprimento.
  • Exercer o exercicio de accións xudiciais e administrativas en materia de competencia do alcalde.
  • Propoñerlles aos órganos competentes a resolución que estime procedente sobre os asuntos que lle afectan ao órgano directivo.
  • Impulsar e supervisar as actividades que forman parte da xestión ordinaria do órgano directivo e velar polo bo funcionamento das unidades dependentes e do persoal integrado neles.

Dirección de Seguridade Cidadá

Créase igualmente dentro da Área de Alcaldía (art. 128 do ROM). Ocupa este cargo Manuel Carlos García Touriñán. Asume a coordinación para o bo funcionamento dos servizos da súa área:

  • Policía Local
  • Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento (SEIS)
  • Protección Civil

Dirección de Área de Economía, Facenda e Administración

O director é Eduardo Mera Rico. Créase dentro da área de goberno de Facenda e Administración, e dela dependerá a seguinte estrutura administrativa:

  • Servizo de Xestión Tributaria
  • Inspección Tributaria
  • Oficina Orzamentaria
  • Unidade de Rexistro e Información adscrita a estes servizos no Edificio de Servizos Económicos

Creouse mediante o decreto publicado no BOP do 23 de outubro de 2015, e modificáronse algunhas das súas competencias no BOP do 8 de xullo de 2016.

Dirección da Área de Rexeneración Urbana

O actual director é Hipólito José Ramón Pérez Novo. Esta dirección créase dentro da área de goberno de Rehabilitación Urbana e Dereito á Vivenda (polo decreto publicado no BOP do 25 de xaneiro de 2016), aínda que posteriormente modificouse a estrutura administrativa da área e fóronlle asignadas novas competencias. Finalmente, mediante o decreto de alcaldía publicado no BOP do 16 de xaneiro de 2017, modificouse o nome da área (que quedou como se indica), establecéronse as atribucións de alcaldía, ademais de definir a estrutura administrativa dependente dela:

  • Servizos xerais de Urbanismo
  • Servizo de Planeamento e Xestión
  • Servizo de Intervención da Edificación e Disciplina Urbanística

Asumirá as funcións que lle encomende o tenente de alcalde da área, Xiao Varela Gómez, e ademais especificamente, as que lle delegue a Xunta de Goberno Local e que se recollen no BOP do 20 de xaneiro de 2017.

Dirección de Espazo Público e Mobilidade

O seu titular é Jorge Juan Cao Abad. Esta dirección créase tamén dentro da área de goberno de Rehabilitación Urbana e Dereito á Vivenda (polo decreto de alcaldía publicado no BOP do 16 de xaneiro de 2017). Desta dirección de área dependerán os seguintes servizos:

  • Servizo de Infraestruturas
  • Servizo de Edificación
  • Servizo de Mobilidade Sostible

Así mesmo, asumirá as funcións que lle encomende o tenente de alcalde da área, Xiao Varela Gómez, e ademais especificamente, as que lle delegue a Xunta de Goberno Local e que se se recollen no BOP do 20 de xaneiro de 2017.

Dirección de Promoción Económica e Emprego

A titular desta dirección é Marta Núñez Martínez-Corbalán. Dela dependerá a seguinte estrutura administrativa:

  • Servizo de emprego e empresa
  • Consumo e demais unidades integradas na área e que non forman parte das anteriores.

Asumirá as funcións que lle encomende o tenente de alcalde da área, Alberto Lema Suárez, e ademais especificamente, as que lle delegue a Xunta de Goberno Local e que se se recollen no BOP do 20 de xaneiro de 2017.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?