Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Concellerías

A determinación da organización e estrutura da Administración municipal executiva ou de goberno baséase nos principios de eficacia, democratización, transparencia, transversalidade, simplificación da estrutura administrativa e redución do gasto político da acción de goberno.

Apóstase por unha estrutura integrada e colexiada de áreas nas que, xunto ás propiamente sectoriais e funcionais, se definen outras transversais (Igualdade e Diversidade, Participación e Innovación Democrática, Medio Ambiente e Mobilidade Sostible), que conxuntamente conforman a organización e estrutura da Administración municipal.

As concellerías ou áreas de goberno actuais definíronse polo decreto de Alcaldía do 15 de xuño de 2015 (BOP do 6 de xullo de 2015), xunto coas súas correspondentes competencias. Algunhas delas fóronse redefinindo en meses posteriores redistribuíndo competencias. Os decretos que sustentan eses modificacións pódelas consultar na sección correspondente, Decretos de organización municipal.

Estes cambios xa se recollen a continuación:

Alcaldía

Titular: Excmo. Sr. D. Xulio Xosé Ferreiro Baamonde

Asume as competencias de:

  • Transparencia
  • Seguridade Cidadá
  • Asesoría Xurídica
  • Política Lingüística

Rexeneración urbana, dereito á vivenda e mobilidade sostible

Como área cuxas competencias tamén incumben a outras áreas establecidas, divídese a súa actuación en dous campos diferenciados:

A) REXENERACIÓN URBANA E DEREITO Á VIVENDA

Titular: Sr. D. Xiao Varela Gómez . Inclúe as competencias correspondentes a:

  • Urbanismo
  • Infraestruturas e equipamentos
  • Vivenda
  • Ordenación do porto.

B) MOBILIDADE SOSTIBLE:

Titular: Sr. D. Daniel Díaz Grandío . Ámbitos de competencia:

  • Mobilidade e accesibilidade
  • Tráfico
  • Usos e aproveitamento no dominio público
  • Transporte, Estación de Autobuses e parque móbil municipal

Facenda e administración

Titular: Sra. Dª. Eugenia Vieito Blanco Incorpora á súa área a xestión de:

  • Oficina orzamentaria
  • Facenda
  • Tesourería
  • Persoal
  • Contratación
  • Concesións

Emprego e economía social

Titular: Sr. D. Alberto Lema Suárez A súa área aglutina as competencias en materia de:

  • Traballo e emprego
  • Actividade económica
  • Comercio
  • Mercados e feiras
  • Consumo
  • Actividade comercial portuaria

Xustiza social e coidados

Titular: Sra. Dª. Silvia Cameán Calvete Correspóndelle xestionar as competencias en:

  • Servizos sociais
  • Educación
  • Sanidade

Culturas, deporte e coñecemento

Titular: Sr. D. José Manuel Sande García Correspóndelle xestionar:

  • Cultura e coñecemento (incluída Escola Municipal de Música)
  • Deporte
  • Memorias (incluídos Museos)
  • IMCE

Igualdade e diversidade

Titular: Sra. Dª. Rocío Fraga Sáenz É unha das áreas marcadamente transversal, que asume:

  • Igualdade
  • Colectivos minoritarios e minorizados
  • Planificación familiar
  • Loita contra a violencia de xénero

Participación e innovación democrática

Titular: Sra. Dª. Claudia Delso Carreira Tamén de ámbito transversal nas súas competemcias, cuxas funcións principais será impulsar:

  • Innovación democrática
  • Participación cidadá
  • Descentralización de distritos e barrios
  • Mocidade e Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX)
  • Informática
  • Innovación Tecnolóxica
  • Interior

Medio

Titular: Sra. Dª. María García Gómez . Responsable de:

  • Medio ambiente
  • Xestión de residuos e limpeza
  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?