Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Órganos de Goberno e funcións

Toda a estrutura municipal do concello da Coruña, xunto coa súa organización e funcionamento, establécese no Regulamento Orgánico Municipal (ROM), aprobado polo Pleno o 2 de novembro de 2004 e publicado no BOP da Coruña do 13 de decembro do mesmo ano. No BOP do 12 de febreiro de 2005 publicouse unha pequena corrección de erros deste documento inicial.

Os órganos que integran a organización municipal son os seguintes:

Alcaldía

A Alcaldía (alcalde ou alcaldesa) desempeña as funcións de dirección do goberno e da administración municipal, así como as demais atribucións que lle outorga a actual, entre elas, a organización das concellerías, áreas, departamentos, servizos e outros entes que constitúen a administración municipal na súa globalidad.

Así mesmo é atribución do Alcalde a representación do Concello, sen prexuízo da súa posible delegación. Nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade, será substituído polos Tenentes de Alcalde na orde e coas competencias que se deriven do seu nomeamento.

As atribucións do Alcalde e delegacións regúlanse nos artigos 95 ao 99 do Regulamento Orgánico Municipal do Excelentísimo Concello da Coruña

Pleno

O Pleno está formado polo Alcalde e o conxunto de todos os concelleiros electos. É o órgano de máxima representación política dos cidadáns no goberno municipal. O Pleno Municipal se reune en sesións ordinarias, extraordinarias ou extraordinarias de carácter urxente.

A organización e o funcionamento do pleno recóllese nos artigos 25 ao 71 (Título III, Capítulo I) do Regulamento Orgánico Municipal de 2004.

Podes consultar a composición e actividade do Pleno Municipal no apartado Pleno .

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local é o órgano que ten como atribución propia e indelegable a asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas funcións. Así mesmo, exercerá as competencias que lle deleguen o Alcalde e o Pleno Municipal, cando teñan este carácter. Está integrada polo Alcalde, que a preside e os concelleiros nomeados libremente por el como membros da mesma, sendo asistidos nas súas reunións polo Secretario Xeral da Corporación.

A nivel particular, cada un dos Concelleiros que integran a Xunta de Goberno Local, mantén unha serie de competencias municipais propias respecto á área da súa responsabilidade.

Podes consultar a composición e actividade da Xunta de Goberno Local no apartado correspondente.

Comisións

As Comisións están integradas por membros da Corporación municipal, participando nelas todos os grupos políticos que integren a corporación.

Establécense distintos tipos de comisións segundo a súa función:

  • As Comisións Informativas, permanentes ou especiais (temporais), que estudan aqueles asuntos que han de ser sometidos á decisión do Pleno ou das súas Comisións Delegadas.
  • As Comisións Delegadas, son aquelas comisións con funcións delegadas expresamente polo pleno.
  • A Comisión de Seguimento da xestión do Alcalde e o seu Equipo de Goberno, órgano que ten atribuída, sen prexuízo das funcións superiores de control e fiscalización do Pleno, a función de seguimento da xestión do Alcalde
  • Comisións Especiais: Entre as comisións especiais atópanse a Comisión Especial de Contas e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións.

Os tipos e funcionamento das Comisións recóllense nos artigos 72 ao 94 do Regulamento Orgánico Municipal .

Podes consultar as comisións existentes e a súa actividade na seguinte ligazón

Tenente/s de Alcalde

Os/as Tenentes de alcalde substitúe ao Alcalde en caso de ausencia ou enfermidade. Esta función realízaa de forma independente á competencia que lle corresponda na súa área como edil.

Ademais dos mencionados, están regulados no ROM outras figuras de organización territorial que poden ser ou non contemplados no funcionamento do teu municipio a criterior do equipo de goberno que os desenvolva.

Distritos

A creación de Distritos como forma de organización territorial da cidade da Coruña recóllese no artigo 112 do Regulamento Orgánico Municipal de 2004 no que se establece que o réxime orgánico e xurídico da devandita organización territorial será obxecto dun regulamento independente.

Podes consultar o proceso participativo de organización da cidade en distritos

Consello Social da Cidade

O artigo 110 do Regulamento Orgánico Municipal de 2004 recolle a constitución e réxime orgánico e xurídico do Consello Social da Cidade establecido no art. 131 da Lei 7/85.

Defensor do Veciño

Co fin de defender os dereitos dos veciños ante a administración municipal créase o órgano denominado Defensor do Veciño. A constitución, organización e funcionamento deste órgano, segundo establécese no artigo 113 do Regulamento Orgánico Municipal de 2004 será obxecto do correspondente Regulamento específico e independente.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña.
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña.
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?