Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

Xunta de Goberno Local

A Xunta de Goberno Local (XGL) é o órgano que ten como atribución propia e indelegable a asistencia permanente ao alcalde no exercicio das súas funcións.

Así mesmo, exercerá as competencias que lle deleguen o alcalde e o Pleno Municipal, cando teñan este carácter. Está integrada polo alcalde, que a preside e os concelleiros nomeados libremente por el como membros dela, e son asistidos nas súas reunións polo secretario xeral da Corporación. A Xunta de Goberno Local regúlase nos artigos 104 ao 107 do Regulamento Orgánico Municipal

Polo decreto de Alcaldía do 15 de xuño de 2015 (BOP do 6 de xullo de 2015) estableceuse a composición e o réxime de sesións da Xunta de Goberno Local, que queda formada por:

A titular da secretaría da XGL é D.ª Eugenia Vieito Blanco, e actuará como suplente D. Alberto Lema Suárez cando sexa necesario.

No que respecta ao seu réxime de sesións:

  1. As sesións ordinarias terán lugar cada catorce días, os venres ás 11.30 h.
  2. En segunda convocatoria, a sesión ordinaria terá lugar o luns seguinte á mesma hora.
  3. Cando a sesión tanto en 1ª como en 2ª convocatoria coincida con festivo, a sesión ordinaria terá lugar ao día seguinte hábil, excepto sábados. Se coincide coa realización do Pleno ordinario realizarase ao día seguinte á mesma hora.
  4. O alcalde poderá cambiar o día e a hora das sesións, así como suspendelas.
  5. As deliberacións da Xunta de Goberno Local son secretas.
  6. O alcalde poderá convocar a determinadas sesións a concelleiras e concelleiros non pertencentes á Xunta de Goberno Local, así como aos titulares dos órganos directivos.

Podes consultar a actividade corporativa das Xuntas de Goberno Local dos últimos anos consultando a súa sección correspondente.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?