Uso de cookies nas páxinas web do Concello de A Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante o análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso"..

Transparencia

  • Compartir
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Campos García, Mª Verónica

Asesora técnica tipo I da Área de Medio Ambiente

María Verónica Campos García

Son de Oleiros. Con formación en Economía e Máster en Xestión Ambiental da Administración Local, estiven sempre vinculada tanto dende o activismo, como dende a actividade profesional, coa educación, comunicación e participación ambiental. Comecei a miña actividade profesional como guía-intérprete de rutas na natureza hai xa 19 anos, e ata a miña incorporación dende o 2005 ata agora como educadora ambiental no Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Dende alí participei en numerosos proxectos nacionais e internacionais e coordinei a programación educativa, as áreas de formación e divulgación ambiental para as administracións locais, a área de enerxía e cambio climática ou a programación formativa da entidade, entre outras.

Con preocupación pola resolución dos conflitos ambientais, participo en numerosos colectivos e proxectos, teño varias publicacións sobre auga, cambio climático... e especialiceime en Facilitaciòn de grupos, na firme confianza do poder e sabedorías colectivas para a contribución a unha sociedade máis sustentable.

Incorpórome na área de Medioambiente, dende onde quero contribuír a unha cidade máis ecolóxica, con máis calidade de vida e que impulse dende a acción local solucións aos grandes desafíos ambientais do planeta.

  • Concello da Coruña
    • Ayuntamiento de A Coruña | Concello da Coruña
    • Praza de María Pita, 1. 15001 A Coruña
    • 981 184 200 ou desde dentro do termo municipal ao teléfono de atención 010
Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Safari e Microsoft Internet Explorer 10 ou superior. Instalar agora un navegador compatible

?